Cirrinos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A dos cirrinos (Cirrina),[1] tamén coñecidos como cirrados (cirrata),[2] é unha suborde de moluscos, unha das dúas en que se divide a orde Octopoda.[3]
Trátase de octópodos peláxicos que viven en augas abismais, entre os 2 000 e os 4 000 m de profundidade, polo que teñen pouco en común cos octópodos bentónicos, os verdadeiros polbos.
Caracterízanse por teren dúas aletas laterais, e un par de cilios en cada ventosa, dos que carecen os incirrinos ou incirrados (os polbos), ao que alude o seu nome.
Remove ads
Características
Inicialmente ambos os grupos de octópodos, cirrinos e incirrinos, foron creados por Grimpe tendo en conta os cirros dispostos ao lado das ventosas situadas debaixo dos brazos. O nome das subordes é evidente, os cirrados teñen un par de pestañas (cirri, en latín) aplicados a cada ventosa, mentres que os incirrinos non as teñen. A diferenza doutros octópodos, os brazos dos cirrinos están limitados por unha unbela ou antuca e non teñen brazo copulador (hectocótilo). Diminuíron a súa rádula, a súa bolsa da tinta e as súas glándulas salivareds posteriores. Estas especies tamén teñen a particularidade de teren unha estrutura interna, un residuo da cuncha que presentan a maioría dos moluscos.
Remove ads
Nutrición
Aliméntanse de pequenos crustáceos planctónicos e doutros animálculos, o que explica a perda da rádula e o desenvolvemento dunha umbrela e de cirros para capturaren as súas minúsculas presas.
Clasificación

Esta suborde comprende as seguintes tres familias:
Suborde Cirrina Grimpe, 1916
- Familia Cirroteuthidae Keferstein, 1866
- Familia Opisthoteuthidae Verrill, 1896
- Familia Stauroteuthidae Grimpe, 1916
Suborde Cirrata
- Familia Cirroctopodidae Collins & Villenueva, 2006
- Familia Cirroteuthidae Keferstein, 1866
- Familia Opisthoteuthidae Verrill, 1896
Para o WoRMS, a familia dos Stauroteuthidae Grimpe, 1916 identifícase coa dos Cirroteuthidae Keferstein, 1866.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
