Clima semiárido

From Wikipedia, the free encyclopedia

Clima semiárido
Remove ads

O clima semiárido ou semidesértico é un subtipo de clima seco e unha expresión comunmente utilizada para designar o clima dunha rexión do planeta onde as choivas anuais están entre os 500 e os 800 mm.[1] Unha cantidade de choiva inferior aos 400 mm anuais caracteriza ós semidesiertos. Na clasificación climática de Köppen é o BS (BSh semiárido cálido e BSk semiárido frío).

Thumb
Deserto de Chihuahua no norte de México e suroeste dos Estados Unidos, é unha zona semiárida.
Thumb
En cor laranxa climas semiáridos quentes e en amarelo semiáridos fríos.

A vexetación dunha rexión semiárida está composta normalmente de matogueiras e estepas que perden as follas nos meses máis secos, así como de paisaxes que tamén secan nos períodos de estiaxe.

Un tipo de clima semiárido é o mediterráneo seco, que é o de transición entre o mediterráneo típico Csa e o desértico BW. Dáse no sueste de España, norte de África e costa mediterránea asiática e caracterízase por precipitacións escasas, entre 200 mm e 400 mm, forte seca estival e temperaturas cálidas que superan os 22 °C no verán.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads