Cochin

From Wikipedia, the free encyclopedia

Cochinmap
Remove ads

Cochin, en portugués Cochim,[1] en malaiala: കൊച്ചി, Kochi é a cidade máis grande do estado de Querala, na India cerca de 220 km ao norte da capital do estado, Tiruvanantapura. Formou parte do Estado Portugués da India entre 1503 e 1663. Hoxe pertence ao distrito de Ernakulam. É un dos principais portos na costa occidental do país. Tamén é a maior cidade da India que non ten máis da metade dos seus habitantes que profesan o hinduísmo.[2]

Datos rápidos Localización, Poboación ...
Remove ads

Topónimo

Os xeógrafos, viaxeiros e comerciantes antigos referíanse ao asentamento nos seus escritos como Cochim, Cocym, Cochym, Cochin e Cochi.

Demografía

A cidade de Cochin ten cerca de 600.000 habitantes, e a súa área metropolitana, mais de 1.500.000 habitantes, tornándoa a maior área urbana de Querala, a pesar de Tiruvanantapura ter, nos límites da cidade, mais habitantes que Cochin.

Linguas

Como noutros centros urbanos da India, a lingua inglesa é falada, con distintos graos de soltura, por unha gran parte da poboación.

Historia

Idade Media

En 1102, Cochin converteuse na sede do Reino de Cochin, un principado con vínculos co Imperio Kulasekhara. Considerada como a "Raíña do Mar Arábigo", foi un importante centro de comercio de especias na costa dese mar desde o século XIV.

Idade Moderna e Contemporánea

Ocupado por forzas portuguesas en 1503, pasou a ser un asentamento colonial europeo na India. Permaneceu a capital da India portuguesa até 1510, cando os portugueses elixiron Goa como a súa capital.

Thumb
Cochin (Old Kochi), India

Máis tarde foi ocupada polos holandeses, os mysores e os británicos.

Séculos XX e XXI

Thumb
Plano da cidade portuguesa de Cochim, no "Livro das Plantas de Todas as Fortalezas", 1635

En 1947, cando a India obtivo a súa independencia do poder colonial británico, Cochin foi o primeiro principado en unirse voluntariamente á Unión India.[3]

Cochin creceu como un centro para a industria do transporte, o comercio internacional, o turismo e as tecnoloxías da información e da comunicación. É a localización comercial máis importante de Querala[4] e unha das metrópoles secundarias de máis rápido crecemento da India. Do mesmo xeito que outras grandes cidades dos países en desenvolvemento, Cochin segue loitando con problemas de urbanización como a conxestión do tráfico e o impacto ambiental da actividade humana.

Hoxe, a cidade mantén unha herdanza colonial de culturas e mestura tradición e modernidade.

Patrimonio

Entre os moitos puntos históricos da cidade, relacionados co inicio do período colonial, destacan a Igrexa de San Francisco, onde foi enterrado Vasco da Gama (despois trasladado a Portugal), a Fortaleza de Cochin e a Sinagoga Paradesi, construída en 1568.

Edificios históricos

  • Igrexa de S. Francisco (1503), construída polos portugueses coa tumba baleira de Vasco da Gama
  • Museo Indo-portugués
  • Basílica de Santa Cruz
  • Santuario construído xunto á Basílica de Santa Cruz dedicada á Nosa Señora de Fátima
  • Distrito da fortaleza de Cochin
  • Sinagoga de Cochin (1568)
  • Palacio de Mattancherry
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads