Comminges

From Wikipedia, the free encyclopedia

Commingesmap
Remove ads

Comminges (en occitano e gascón Comenge) é unha rexión xeográfica do sur de Francia, non delimitada de xeito oficial.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Situación

Este antigo país da Francia meridional, sita na Alta Gascoña (Haute-Gascogne), está actualmente dividida entre os departamentos de Alta Garona, Ariège e de Gers. Polo sur Comminges linda con España.

Subdivisións principais

O país pode dividirse en dúas zonas:

  1. Alto-Comminges (Haut-Comminges) ou Comminges gascón, que comprende a súa parte sur, entre Bigorre e Couserans. A súa capitalidade comarcal recae en Saint-Bertrand-de-Comminges. Outras localidades salientes son: Saint-Martory, Montespan, Muret, Lombez, Aurignac e Isle-en-Dodon ;
  2. Baixo-Comminges ou Comminges languedociano, tamén denominado Pequeno Comminges (Petit Comminges), sito no nordeste do país, entre o Alto-Comminges, Couserans, o Condado de Foix e máis o Haut-Languedoc. As cidades máis importantes nesta zona son: Saint-Béat e Valentine.
Remove ads

As pequenas comarcas

Comminges esta subdivídida aínda en pequenas comarcas que xorden, principalmente, en torno ao alto val do río Garona e os dos seu tributario Pique: Larboust, Paíss de Luchon, Ballongue, Oueil, Bavartès, Layrines, Frontignès, País de Aspe, País de Rivière, País de Dodon.

O termo Nébouzan aplícase especificamente á rexión de Saint-Gaudens.

O asentamento galo-romano de Lugdunum Convenarum, preto de Saint-Bertrand-de-Comminges, foi a capital da Convenae, o antigo nome da rexión.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads