Amiga
familia de ordenadores persoais From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Amiga é unha familia de ordenadores persoais introducida por Commodore en 1985. O modelo orixinal é un dos moitos ordenadores con procesadores de 16 ou 32 bits, 256 KB ou máis de RAM, GUI baseadas en ratos, gráficos e son significativamente mellorados en comparación cos sistemas anteriores de 8 bits. Isto inclúe o Atari ST, lanzado a principios do mesmo ano, así como o Macintosh e Acorn Archimedes. Baseado no microprocesador Motorola 68000, o Amiga diferénciase dos seus contemporáneos pola inclusión de hardware personalizado para acelerar os gráficos e o son, incluíndo sprites e un blitter, e un sistema operativo multitarefa preventivo chamado AmigaOS.
Remove ads
O Amiga 1000 foi lanzado en xullo de 1985, pero os problemas de produción impediron que estivese amplamente dispoñible ata principios de 1986. O modelo máis vendido, o Amiga 500 presentouse en 1987 (xunto co Amiga 2000, máis ampliabl). O Amiga 3000 presentouse en 1990, seguido do Amiga 500 Plus e o Amiga 600 en marzo de 1992. Finalmente, o Amiga 1200 e o Amiga 4000 lanzáronse a finais de 1992. A liña Amiga vendeu uns 4,85 millóns de unidades entre finais dos 80 e principios dos 90.[1]
Aínda que os primeiros anuncios presentaban o ordenador como unha máquina empresarial multiúsos, especialmente cando estaba equipado co complemento de compatibilidade Sidecar IBM PC, o Amiga tivo o maior éxito comercial como ordenador doméstico, cunha ampla gama de xogos e software creativo.[2]
Remove ads
Historia

O nome en código do que sería o primeiro Amiga 1000 foi «Lorraine»,[3] cun microprocesador Motorola MC68000 a 7.14 MHz, 768Kb de memoria RAM (ampliables a un máximo de 8 Mb) e 256Kb ROM. Unha vez cargado o Kickstar quedaban nuns 256Kb de RAM.
Producido a grande escala por Commodore International como o sucesor de Commodore 64, o primeiro computador Amiga foi o Amiga 1000 (ó A1000), que foi lanzado no ano 1985. O A500 (gama baixa) e A2000 (gama alta) seguíronlle en 1987. O A500 foi o computador Amiga máis popular neses tempos.
A finais da década de 1980 e comezos da década de 1990, a comunidade de usuarios de Amiga contribuíu á subcultura informática coñecida como Demoscene.[4] A Demo Scene vén ser un fenómeno herdado dos tempos do Commodore 64.
Remove ads
Hardware

A idea básica coa que foi deseñado o Amiga foi a de facer que cada tarefa (son, gráficos, periféricos etc.) estivese descentralizada, tendo un chip específico para cada unha, cun procesador central, o Motorola 68000, que coordinase a todos estes chips dedicados deseñados especialmente (custom chips, en inglés).
Distinguimos tres familias de computadores Amiga agrupándoos segundo o seu conxunto de chips (chipset):
- OCS: Orixinal Chip Set (chipset antigo);
- ECS: Enhaced Chip Set (chipset mellorado);
- AGA: Advanced Graphic Architecture (arquitectura gráfica avanzada).
Cando apareceu, estaba moitos anos por diante dos demais sistemas, usando ideas como compartición de IRQs, entrada/saída mapeada en memoria, multitarefa real preferente etc. Aínda que algunhas destas técnicas foran inventadas anteriormente, aínda non foran realmente utilizadas na práctica nin nunha computadora popular.
Remove ads
Modelos e variantes
Modelos de Amiga comercializados
Como en determinadas aplicacións (renderizados, grandes iteraciones etc.) a potencia de cálculo quedaba curta, apareceron placas capaces de substituír o procesador orixinal do Amiga por outro máis potente. É o que chamamos cartóns aceleradores. Xurdiron unha gran variedade de fabricantes e modelos abarcando basicamente toda a familia do MC68000 (desde o 68010 ata o 68060, así como os modelos de microprocesadores PowerPC 603 e 604).
Remove ads
Sistema Operativo
O sistema operativo, AmigaOS, é sofisticado, combinando un GUI como o Macintosh coa flexibilidade de Unix.
Polo menos os seguintes sistemas operativos están dispoñibles para Amiga ademais do AmigaOS:
- UnixOS: Distribuído cos A2000UX e A3000UX
- AMIX: Viña nunha cinta de streamer e era distribuído cos modelos *UX de Amiga.
- Mach
- Linux
- Linux m68k: Para os procesadores da familia 680x0. Cabe sinalar que foi a primeira implementación non-x86 de Linux.
- Linux PPC: Existen varios proxectos, o máis famoso é APUS (que proporciona un kernel nativo PPC para Amiga PowerUP)
- NetBSD
- OpenBSD
- pOS: Sistema comercial creado por Pios para substituír o AmigaOS. Fracasou estrepitosamente.
- MorphOS: Sistema comercial creado para aproveitar as aceleradoras PPC.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads