Composto cíclico
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
En química, un composto cíclico é un composto químico no cal unha serie de átomos están conectados formando un anel ou bucle (o ciclo).[1] Aínda que a gran maioría dos compostos cíclicos son orgánicos, hai tamén unhas poucas substancias inorgánicas que tamén poden formar estruturas cíclicas, como o xofre, silanos, fosfanos, ácido fosfórico, e ácido tribórico. Os compostos químicos poden ser homocíclicos[2] se os átomos situados no vértice do anel son todos do mesmo elemento; dentro deles os máis salientables son os compostos carbocíclcos, no que o mencionado elemento é o carbono[3]. Os compostos heterocíclicos teñen nos vértices do anel átomos de máis dun elemento químico[4]. Os compostos cíclicos poden ser aromáticos ou non; por exemplo, o benceno é aromático mentres que o ciclohexano non. O termo "policíclico" utilízase cando se forma máis dun anel na molécula, como é o caso do naftaleno. O termo macrociclo úsase cando o anel contén máis dunha ducia de átomos.
- Cicloheptano, un composto químico non aromático.
- Benceno, un composto cíclico.
- Naftaleno, un composto policíclico.
- Porfirina, un composto macrocíclico.
- Pentazol, un composto químico inorgánico.
Os compostos alicíclicos (de compostos alifáticos) noméanse de acordo co sistema de nomenclatura da IUPAC engadíndolles o prefixo ciclo ao nome do correspondente hidrocarburo de cadea aberta con igual número de átomos de carbono. Por exemplo: ciclopentano, ciclobutano etc.
Remove ads
Reaccións de abertura e peche do anel

Reaccións típicas dos compostos cíclicos son as reaccións de peche do anel e as reaccións de abertura do anel.
Exemplos de reaccións de peche do anel son:
- Metátese de peche do anel
- Reacción de ciclación de Nazarov
- Síntese de aneis grandes de Ruzicka
- Condensación de Dieckmann
- Síntese de Wenker
- Ciclación de radical
Exemplos de reaccións de abertura do anel son:
- Unha reacción de polimerización de tipo xeral: Polimerización de abertura do anel
- Polimerización de metátese de abertura do anel
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads