Confederación do Rin

From Wikipedia, the free encyclopedia

Confederación do Rin
Remove ads

A Confederación do Rin (en alemán Rheinbund) foi o nome que recibiu a asociación de estados alemáns establecida en 1806 por Napoleón I de Francia tras conquistar este a case totalidade de Renania no marco das denominadas Guerras Napoleónicas.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Formación

Thumb
Xerónimo Bonaparte, Rei de Westfalia

Con anterioridade ao rei de Baviera impuxéraselle como xenro ao fillastro de Napoleón e as casas de Württemberg e Baden recibiron tamén familiares do emperador. Estes tres antigos estados transformáronse en reinos absolutistas, a pesar de que o código Napoleónico se implantou en tódolos Estados creados polo Emperador, abolíronse o feudalismo e a servidume e estabeleceuse a liberdade de culto. Foille outorgada a cada Estado unha constitución na que se concedía o sufraxio universal masculino e unha declaración de dereitos e a creación dun parlamento; foi instaurado o sistema administrativo e xudicial francés; as escolas quedaron supeditadas a unha administración centralizada e ampliouse o sistema educativo libre. Cada Estado dispuña dunha academia ou instituto destinado á promoción das artes e as ciencias, á vez que se financiaba o traballo dos investigadores.

Napoleón outorgouse a si mesmo o título de Protector da Confederación do Rin co que tivo á súa disposición un exército adicional de 60 000 soldados. A capital da Confederación estableceuse en Frankfurt am Main.

A finais de 1806 e despois da derrota de Prusia a mans de Napoleón, este creou o Reino de Westfalia, co que levou a fronteira occidental do Imperio Francés até o río Elba. Consecuencia da derrota Prusiana foi tamén a creación do Gran Ducado de Varsovia.

No seu período de máxima extensión (1808-1809), a confederación comprendía 38 estados, 360 000 km² e 15 millóns de habitantes. Ben acollida polo pobo nun principio e interpretada como un paso cara á unificación, a súa popularidade diminuíu a medida que a integración no Sistema Continental se traduciu na implantación de duras medidas económicas.

Remove ads

Disolución

A Confederación disolveuse despois da derrota de Napoleón na Batalla de Leipzig en 1813; cada un dos estados alemáns asinou a paz e apoiou a Alianza entre Prusia, Rusia, Austria e Gran Bretaña. O Congreso de Viena (1814-1815) acordou a creación da Confederación Xermánica, que substituíu a do Rin.

Membros da Confederación

Thumb
A Confederación en 1807
Thumb
A Confederación en 1812

As seguintes táboas amosan os membros da confederación, coa súa data de ingreso e o número de tropas achegadas listadas entre parénteses.

Reinos

Máis información Bandeira, Nome ...

Principados

Máis información Bandeira, Nome ...

Ducados

Máis información Bandeira, Nome ...
Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads