Continuo

unión dos números racionales e irracionales From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A palabra continuo provén do latín continŭus.

Filosofía

  • En filosofía, suscita o problema de se a realidade é continua, (unha única realidade) ou descontinua (multiplicidade de realidades). Problema que xa na antigüidade suscitou varias aporías que dan lugar a variedade de formas de pensamento ao longo da historia; formas diversas de monismos e pluralismos, e a posibilidade ou imposibilidade do cambio ou movemento.

Matemáticas e física

  • Unha función, variable ou sistema é continuo, en contraposición a discreto, se entre dous puntos calquera existe unha infinidade de puntos e se, ademais, ten a propiedade de completitude; é dicir, se a distancia entre os dous puntos tomados mide d, para cada número entre 0 e d podemos atopar un punto cuxa distancia do primeiro mida exactamente a ese número.. É o caso, por exemplo, dos números reais, así como o espazo-tempo, segundo a relatividade.

Topoloxía

  • En topoloxía, un continuo é un espazo topolóxico conexo e compacto. Os continuos naceron como un intento de caracterizar as funcións continuas como aquelas que transformaban continuos en continuos. A idea non callou, pero o termo seguiu usándose, pois en numerosas áreas da matemática utilízanse conxuntos compactos e conexos. Algúns autores esixen, ademais, que se cumpra a propiedade de Hausdorff.

Desde o punto de vista topolóxico, en física fálase de continuo para referirse a un subconxunto conexo do espazo euclídeo.

Remove ads

Música

  • Continuo é sinónimo de baixo continuo, un recheo harmónico da liña do baixo executado por dous instrumentos, moi común en obras do período barroco.

Historia

  • Os continuos ou cabaleiros continuos eran uns cargos palatinos xenuínos das casas reais ibéricas durante a Baixa Idade Media, que en ocasións chegaron a resistir até o século XVII, como cargo honorífico.

Véxase tamén

Outros artigos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads