Ise Monogatari

obra literaria xaponesa do século X From Wikipedia, the free encyclopedia

Ise Monogatari
Remove ads

Contos de Ise (伊勢物語 Ise monogatari?) é unha obra de literatura xaponesa do século X (período Heian). A obra consta de 125 capítulos en prosa que enmarcan unha serie de poemas.

Thumb
Ariwara Narihira, de Yoshitoshi, 1891. Narihira mira para a pantasma da poeta Ono no Komachi.

A obra apareceu arredor do ano 950 co nome de Diario do coronel Zaigo, unha forma críptica de referise a unha personaxe célebre na corte. Axiña foi interpretada como unha biografía de Ariwara no Narihira (在原業平 Ariwara da familia dos Narihira?) (825-880), a quen pertencían algúns dos poemas incluídos no texto.

Remove ads

Contido

Thumb
Ariwara no Narihira Ason. Gravado de Hokusai.

O texto describe as aventuras amorosas de Narihira e a súa historia de amor coa nobre Takako. Este encontro dá lugar ao que é considerado un dos mellores poemas da literatura xaponesa:

月やあらぬ
春やむかしの
春ならぬ
我が身ひとつは
もとの身にして

tsuki ya aranu
haru ya mukashi no
haru naranu
waga mi hitotsu wa
moto no mi ni shite

Algo así como[1]:

A lúa que vexo non é a mesma que a do ano pasado, nin tampouco o é a primavera, só eu son o mesmo.

O poeta di isto no mesmo lugar no que o ano anterior estaba coa súa amada e hoxe visita só.

Crítica

O autor dos estudos canónicos sobre esta obra é o erudito xaponés Kikan Ikeda. A obra foi traducida ao alemán en 1876 por August Pfizmaier, ao inglés en 1957 por Fritz Vos e ao francés en 1934 por Georges Bonneu.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads