Coventry

From Wikipedia, the free encyclopedia

Coventry
Remove ads

Coventry é unha cidade do centro de Gran Bretaña, situada a 153 km ao noroeste de Londres e a 30 km ó leste de Birmingham, cunha poboación no 2001 de 303.475 habitantes.

Thumb
Ruínas da catedral de Coventry.
Datos rápidos Localización, Capital de ...
Remove ads

Historia

Bombardeo de Coventry

Coventry foi unha das cidades que tivo que ser "sacrificada" polos ingleses na segunda guerra mundial, debido a que xusto antes do bombardeo a esa cidade descifraran o código enigma dos nazis e interceptaran unha comunicación do Eixe onde se dicía que se ía bombardear a cidade. Logo Churchill tivo que tomar a decisión de evacuar ou non Coventry. Se se evacuaba a cidade os nazis sospeitarían que se descifrara o código enigma, e comprometeríase a vantaxe na guerra.

Finalmente, Coventry foi bombardeada masivamente polos avións da Luftwaffe, (cerca de 500 bombardeiros) o 14 de novembro de 1940. A cidade foi case totalmente destruída. O ministro nazi de Propaganda, Goebbels, chegou a propor un novo termo, "coventrizar", para referirse a eses bombardeos masivos. Só algúns menores foran evacuados, baixo o pretexto de saída de vacacións.

Tamén houbo bombardeos en Liverpool, Plymouth, Bristol e Southampton.

A catedral de Coventry foi deixada como a deixou o bombardeo: non quedan máis que unhas columnas e algo das súas murallas. Xunto aos restos da antiga catedral edificouse unha nova catedral, a cuxa inauguración, que tivo lugar en 1962 e como símbolo de reconciliación, asistiu o chanceler alemán.

Polo seu valor simbólico, nas proximidades da Catedral, plantáronse unha serie de olmos, iniciativa que patrocinou a artista Yoko Ono.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads