Crío (mitoloxía)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Na mitoloxía grega, Crío (en grego antigo Κρεῖος ou Κρίος) era un dos Titáns, fillos de Urano (o Ceo) e Xea (a Terra). Xunto ós seus irmáns foi derrotado na Titanomaquia, guerra na que non tivo ningunha intervención destacable, e foi desterrado con eles ó Tártaro, no máis profundo do inframundo.

Datos rápidos Tipo, Venerado por ...

Casou con Euribia, filla de Xea e Ponto (o Mar), coa que tivo tres fillos: Astreo, Palas (ou Palante) e Perses. Astreo uniuse con Eos (a Aurora) e tivo a Eósforo (o planeta Venus), as outras Estrelas e os catro Ventos (Céfiro, Bóreas, Euro e Noto) [1]; tamén se lle fai pai dos outros planetas coñecidos na Antigüidade: Phainón (Saturno, Phaethón (Xúpiter), Pyroeís (Marte) e Stilbón (Mercurio). Perses uniuse con Asteria, coa que tivo varios fillos, entre eles a deusa Hécate.

"Euribia, divina entre as deusas, uníndose amorosamente a Crío, deu a luz ó grande Astreo, a Palante e a Perses, que sobresaíu entre todos pola súa ciencia. Eos, con Astreo, uníndose amorosamente a deusa co deus, tivo os Ventos de impetuososo sopro... Despois destes, Erixenía procreou ó luceiro Eósforo, os brillantes astros e todo canto coroa o ceo".
(Hesíodo: Teogonía 375-382)
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads