Cristina Alberdi

From Wikipedia, the free encyclopedia

Cristina Alberdi
Remove ads

Cristina Alberdi Alonso, nada en Los Rosales (provincia de Sevilla) o 22 de febreiro de 1946 e finada en Madrid o 27 de xuño de 2024, foi unha avogada e política andaluza.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Estudou Dereito, desde 1970 foi avogada do Colexio de Avogados de Madrid, en 1975 organizou un colectivo xurídico de carácter feminista. Foi vocal do Consello Xeral do Poder Xudicial (1985-1990), Ministra de Asuntos Sociais (1993-1996), deputada no Congreso dos Deputados (1996- 2003) e presidenta da Federación Socialista Madrileña (1997-2000).

No ano 2003 deixou o PSOE, onde militaba desde 1995, pola súa oposición ó pacto entre o PSC e ERC para goberna-la Generalitat de Cataluña, acusando o seu partido de incluír reivindicacións nacionalistas. Foi presidenta do Consello Asesor do Observatorio contra a Violencia de Xénero da Comunidade de Madrid, nomeada por Esperanza Aguirre. Mostrouse contraria ó Estatuto de Cataluña de 2006 e á negociación con ETA cunha posición política próxima á do Partido Popular.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads