Cuarto óso metacarpiano
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O cuarto óso metacarpiano é un dos cinco ósos do metacarpo, máis pequeno e curto co terceiro. A base é reducida e ten forma de cadrado. Na parte superior da base existen dúas superficies articulares para o carpo. Na zona medial hai unha superficie grande, para artellarse co óso ganchudo e na zona lateral hai unha pequena que se artella co óso grande.
Na parte medial ou cubital hai unha superficie para a articulación co quinto óso metacarpiano e na parte lateral ou radial hai outra para o terceiro óso metacarpiano.
Na parte inferior artéllase coa falanxe proximal do dedo anular.
Remove ads
Véxase tamén
Bibliografía
- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads