Cipriniformes

From Wikipedia, the free encyclopedia

Cipriniformes
Remove ads

Os Cipriniformes (Cypriniformes) son unha orde de peixes teleósteos, dentro da superorde Ostariofisos (Ostariophysi). Comprenden máis de 6.000 especies amplamente distribuídas aínda que ausentes en Australia e en Suramérica, case exclusivamente en augas doces, algunhas delas de grande importancia económica tanto pola pesca como pola súa cría industrializada.

Máis información Cypriniformes, Clasificación científica ...
Thumb
Carpa (Cyprinus carpio)
Remove ads

Características

Caracterízanse por ter unha aleta dorsal simple, pero nalgunhas familias existe unha segunda aleta adiposa. Algunhas especies teñen dentes farínxeos.

Clasificación

Ata hai pouco, os Cipriniformes eran considerados como un grupo parafilético pero actualmente constitúen unha orde propia. Divídense en dúas subordes con 6 familias:

  • Suborde Cobitoidea:
    • Familia Balitoridae
    • Familia Catostomidae
    • Familia Cobitidae
    • Familia Gyrinocheilidae
  • Suborde Cyprinoidea:

Os Cipriniformes son a orde máis primitiva dos Ostariofisos, segundo se desprende das evidencias fisiolóxicas e do feito de teren unha distribución mundial, o que indica que dispuxeron de máis tempo para se dispersaren. Os primeiros Cipriniformes deberon diverxer dos Caraciformes hai aproximadamente 250 millóns de anos. É probable que se orixinaran no sueste de Asia pola enorme diversidade que alí presentan.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads