Dáctilo (zooloxía)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Dáctilo (zooloxía)
Remove ads

En zooloxía, denomínase dáctilo a dúas estruturas corporais presentes en senllos grupos de invertebrados:

Thumb
Patas dun crustáceo (gnatópodo ou maxilípedo (pata con función trófica) e pereiópodo (pata marchadora), mostrando os segmentos: os distais son os dáctilos.
Tentáculo da lura Illex illecebrosus co dáctilo tentacular distal.

Crustáceos

En moitos crustáceos o dáctilo é o segmento terminal do seus apéndices torácicos. En certos casos, como nos decápodos, o dáctilo, canda o propodio, forma a quela ou pinza. Nos decápodos comestíbeis, o dáctilo coñécese popularmente como uña.

Cefalópodos

Nos cefalópodos o dáctilo é a porción final dos brazos ou raxos. É estreito e, a miúdo, está caracterizado pola colocación asimétrica das ventosas e pola ausencia dunha membrana de protección dorsal.

Etimoloxía e nome científico

O termo dáctilo procede do grego antigo δάκτυλος dáktylos, "dedo". Na linguaxe científica internacional, denomínase coa súa adaptación ao latín científico, dactylus, que é tamén o nome desta estrutura en inglés, idioma que non adapta os nomes científicos latinos.

Véxase tamén

Outros artigos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads