Día Internacional do Libro Infantil

From Wikipedia, the free encyclopedia

Día Internacional do Libro Infantil
Remove ads

O Día Internacional do Libro Infantil ou Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil[1][2][3][4] (International Children's Book Day ICBD) é un evento anual patrocinado pola International Board on Books for Young People (IBBY), unha organización internacional sen ánimo de lucro. Fundado en 1967, o día celébrase no día do aniversario de Hans Christian Andersen, o 2 de abril. As actividades inclúen concursos de redacción, anuncios de premios de libros e actos con autores de literatura infantil.

Datos rápidos Instancia de, Epónimo ...
Remove ads

Historia

En 1966, a escritora alemá, fundadora do IBBY, Jella Lepman, propuxo o 2 de abril para a celebración anual dun día internacional que conmemorase a literatura infantil e xuvenil, coincidindo coa da de nacemento do escritor danés de literatura para nenos, Hans Christian Andersen.[5] A primeira celebración foi no 2 de abril de 1967 e Lepman pronunciou o discurso inaugural.[6]

Cada ano, unha sección nacional diferente do IBBY ten a oportunidade de ser o patrocinador internacional do ICBD. Decide sobre un tema e convida a un autor destacado do país anfitrión a escribir unha mensaxe para os nenos do mundo e a un ilustrador coñecido para que deseñe un póster ou cartel. Estes materiais utilízanse de diferentes xeitos para promover os libros e a lectura. Moitas seccións do IBBY promoven o ICBD a través dos medios de comunicación e organizan actividades en escolas e bibliotecas públicas.

Actividades

Thumb
Tere Marichal, narradora oral de Porto Rico, recitando o conto da tradición afro-caribeña Anansi, na Biblioteca Juvenil de Mayagüez durante unha actividade do International Children's Book Day.

Moitas veces, o ICBD está ligado a celebracións arredor dos libros infantís e outros eventos especiais que poden incluír encontros con autores e ilustradores, concursos de redacción ou anuncios de premios de libros.

Remove ads

Notas

  1. En inglés o nome oficial é International Children's Books Day, pero en linguas románicas é habitual acrecentar "infantil e xuvenil", tal como é anunciado por exemplo na páxina do Consello da Cultura Galega.
  2. "Día Internacional do libro infantil e xuvenil". consellodacultura.gal. Consultado o 2024-03-18.
  3. "Dia Internacional do Livro Infantil e Juvenil" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2024. Consultado o 2024-03-18.
  4. Babar (2015-04-01). "Día Internacional del Libro Infantil: 1967-2015". Babar, revista de literatura infantil y juvenil (en castelán). Consultado o 2024-03-18.
Remove ads

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads