Dirty Rotten Imbeciles

From Wikipedia, the free encyclopedia

Dirty Rotten Imbeciles
Remove ads

Dirty Rotten Imbeciles (abreviado como D.R.I.) é unha banda estadounidense de crossover thrash formada en Houston, Texas en 1982. No presente está composta por dous dos seus membros fundadores, o vocalista Kurt Brecht e o guitarrista Spike Cassidy, ademais do batería Rampy e o baixista Greg Orr.

Datos rápidos Orixe, Período ...

D.R.I. nunca chegou ao gran público, pero a integración das súas raíces hardcore punk con influencias thrash metal foi un catalizador estilístico para os seus contemporáneos (destacando Suicidal Tendencies, Corrosion of Conformity, Stormtroopers of Death, Cro-Mags, Nuclear Assault e Cryptic Slaughter), xunto aos que é considerada como unha das principais pioneiras do que posteriormente se chamaría "crossover thrash".

Ata a data D.R.I. publicou sete álbums de estudio. A pesar de non editar ningún disco dende Full Speed Ahead en 1995, a banda continuou xirando case cada ano, estando en hiato de xeito intermitente, destacando o período entre 2004 e 2009, cando a Cassidy diagnosticáronlle un cancro de colon. Durante anos falouse dun oitavo álbum de D.R.I. sen que aínda se materializase. Porén, o grupo lanzou un EP con material novo, But Wait...There's More!, en xuño de 2016.[1]

Remove ads

Discografía

Máis información Álbum, Ano ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads