DC-SIGN
proteína From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
DC-SIGN (do inglés Dendritic Cell-Specific Intercellular adhesion molecule-3-Grabbing Non-integrin ) tamén chamada CD209 (cluster de diferenciación 209) é unha proteína que en humanos está codificada no xene CD209 do cromosoma 19.[1]
| PDB 1k9i | |
CD209 | |
| Identificadores | |
| Símbolo | CD209 |
| Símbolos alt. | CDSIGN, CLEC4L, DC-SIGN, DC-SIGN1 |
| Entrez | 30835 |
| HUGO | 128353 |
| OMIM | |
| RefSeq | NP_001138365 |
| UniProt | Q9NNX6 |
| Outros datos | |
| Locus | Cr. 19 (7.74 – 7.75) |
DC-SIGN é unha lectina tipo C receptora presente na superficie de macrófagos e células dendríticas. Nos macrófagos DC-SIGN recoñece e únese ao carbohidrato manosa, unha clase de padróns moleculares asociados a patóxenos ou PAMP que se atopan frecuentemente en virus, bacterias e fungos. Esta interacción de unión de ligandos activa a fagocitose.[2] En células dendríticas preplasmocitoides e mieloides DC-SIGN media o rodamento da célula dendrítica no endotelio dos vasos sanguíneos e a activación das células T CD4+, e o recoñecemento de haptenos de patóxenos.
Remove ads
Función
DC-SIGN é unha lectina tipo C e ten unha alta afinidade pola molécula ICAM3.[3] Únese a varios microorganismos ao recoñecer glicoproteínas que conteñen moitas manosas nas súas envoltas e funciona especialmente como receptor de varios virus como o VIH e o virus da hepatite C.[4][5][6] A unión ao DC-SIGN pode promover que o VIH ou o virus da hepatite C infecten as células T desde as células dendríticas.[5][6] Deste modo, a unión ao DC-SIGN é un proceso esencial na infección polo VIH.[7] Xoga tamén un papel no inicio da infección polo virus do dengue.[8]
Nos pasos iniciais da infección polo virus da inmunodeficiencia humana (VIH) a proteína gp120 do VIH causa a cointernalización da molécula DC-SIGN e da propia partícula vírica (virión) na célula dendrítica. A célula dendrítica migra despois a un órgano linfoide, onde a reciclaxe do complexo DC-SIGN/virión VIH na periferia da célula facilita a infección polo VIH das células T CD4+ pola interacción entre DC-SIGN e ICAM3.[9]
Ademais de funcionar como unha molécula de adhesión celular, un recente estudo tamén demostrou que o DC-SIGN pode iniciar a inmunidade innata ao modular os receptores de tipo Toll,[10] aínda que os detalles do mecanismo polo momento non se coñecen. O DC-SIGN, xunto con outras lectinas tipo C está implicado no recoñecemento de tumores polas células dendríticas. O DC-SIGN é tamén unha diana de enxeñería potencial para as vacinas contra o cancro baseadas en células dendríticas.[11]
Remove ads
Familia xénica
DC-SIGN/CD209 é unha "lectina C" animal, unha ampla e diversa familia de proteínas que se encontran tanto en procariotas coma en eucaiotas, a maioría das cales son lectinas funcionais, o que significa que se unen a ligandos carbohidratos, e a súa afinidade na unión de ligandos necesita calcio (de aí que sexan "lectinas C"). Entre as lectinas C animais, unha subfamilia chamada grupo ASGR (receptores de asialoglicoproteínas) contén varias sub-sub-familias, moitas das cales son importantes na inmunidade innata.
Un agrupamento de xenes presente en humanos e ratos contén tres membros da clase de "Receptores DC", así chamados debido á súa homoloxía con DC-SIGN. Destes, CD23 non se expresa nas células dendríticas senón que é característico da superficie celular de linfocitos B, e a LSectina (CLEC4G) exprésase no endotelio sinusoidal hepático. O terceiro grupo de xenes consiste en múltiples parálogos de CD209. Así, tanto os primates coma o rato teñen moitos parálogos de CD209 máis estreitamente ralacionados entre si dentro da especie que coas súas contrapartes ortólogas noutras especies. Os primates superiores teñen polo menos tres xenes DC-SIGN, que son DC-SIGN, DC-SIGNL1 e DC-SIGNL2, aínda que non todos eles están presentes en todas as especies; DC-SIGNL2 non foi detectado en humanos. Informouse de oito parálogos de DC-SIGN no rato de laboratorio da cepa C57BL/6; que reciben os nomes DC-SIGN, DC-SIGNR2...DC-SIGNR8. O DC-SIGNR6 é un pseudoxene. Os xenes etiquetados "DC-SIGN" en humanos e ratos non son, pois, ortólogos únicos, aínda que lembran uns a outros en canto a súa funcionalidade e por seren expresados nas células dendríticas. Outros membros do grupo de xenes CD209 do rato son expresados diferencialmente en distintos tipos de células. Por exemplo, DC-SIGNR1 exprésase principalmente en macrófagos nas zonas marxinais do bazo e na medula ósea e ganglios linfáticos.[12]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
