Artemis (proteína)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Artemis ou Ártemis é unha proteína que nos humanos está codificada no xene DCLRE1C (do inglés DNA cross-link repair 1C) do cromosoma 10.[1][2]
Remove ads
Función
Artemis é unha proteína nuclear que intervén na recombinación V(D)J e na reparación do ADN. A proteína ten actividade de endonuclease nas partes que sobresaen 5' e 3' do ADN e nas forquitas de ADN cando está en complexo con PRKDC.[3]
Resposta inmune
Artemis exerce un papel esencial na recombinación V(D)J, o proceso polo cal os xenes dos anticorpos producidos polas células B e os xenes do receptor de célula T se ensamblan a partir de segmentos xénicos individuais V (variable), D (de diversidade), e J (de unión, joining en inglés).[4] Por exemplo, na unión dun segmento V cun segmento D, a nulcease RAG (xene activador da recombinación) corta ambas as febras do ADN adxacentes a un segmento V e adxacentes a un segmento D. O ADN intercalado entre os segmentos V e D lígase para formar unha molécula de ADN circular que se perde do cromosoma. En cada un dos dous extremos restantes, chamados extremos codificantes, as dúas febras do ADN únense para formar unha estrutura en forquita. A nuclease Artemis, en complexo coa proteína quinase dependente de ADN (DNA‑PK), únese a estes extremos do ADN e fai un só corte preto do extremo da forquita. Os extremos terminais 3' expostos son sometidos a eliminación e adición de nucleótidos por unha variedade de exonucleases e ADN polimerases, antes de que os segmentos V e D sexan ligados para restaurar a integridade do cromosoma. O sitio exacto de corte da forquita por Artemis é variable, e esta variabilidade, combinada coa eliminación e adición de nucleótidos, proporciona unha enorme diversidadade aos xenes resultantes dos anticorpos e dos receptors de células T, o que permite que o sistema inmune teña a capacidade de organizar unha resposta inmunitaria contra virtuamente calquera antíxeno alleo.[5] En individuos con deficiencia de Artemis, a recombinación V(D)J queda bloqueada porque os extremos da forquita non se poden abrir, e así non se produce ningunha célula B ou T madura, unha condición chamada inmunodeficiencia combinada grave. Artemis foi identificada primeiramente como o xene defectivo nun conxunto de pacientes con esta deficiencia inmunitaria que de forma pouco usual eran sensibles á radiación.
Reparación de roturas no ADN
As células deficientes en Artemis son máis sensibles que as células normais aos raios X[1] e a axentes químicos que inducen roturas de dobre febra,[6] e mostran unha incidencia máis alta de roturas de cromosomas despois dunha irradiación.[7] A medida directa das roturas de dobre febra por electroforese de campo pulsado indica que en células deficientes en Artemis se reparan o 75-90 % das roturas de dobre febra rapidamente, igual que nas células normais. Porén, o restante 10-20 % das roturas de dobre febra que son reparadas máis de vagar (tardan 2-24 horas) en células normais, non son reparadas en absoluto en células deficientes en Artemis.[8] A reparación destas roturas que se supón son difíciles de rexuntar tamén require da intervención doutras proteínas, como o complexo Mre11/Rad50/NBS1, a quinase ataxia telanxiectasia mutada ATM, e 53BP1. Como Artemis pode eliminar os extremos danados do ADN,[6] propúxose que estas roturas de dobre febra a reparar son aquelas cuxos extremos danados requiren ser recortadas por Artemis. Porén, a existencia de evidencias de que tanto a ATM coma Artemis son necesarias especificamente para reparar as roturas de dobre febra na heterocromatina,[9][10] puxo en dúbida esta interpretación.
Artemis funciona na reparación das roturas de dobre febra do ADN que se orixinan por reaccións oxidativas ou por reacción endóxenas.[11] Dita reparación do ADN occorre na heterocromatina e na eucromatina.
Remove ads
Importancia clínica
As mutacións neste xene causan a inmunodeficiencia combinada grave de tipo Athabasca.[12]
Interaccións
Esta proteína presenta interaccións con DNA-PKcs.[13]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads