Dagoberto I
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Dagoberto I, nado no 603 e finado no 639, foi un nobre francés. Fillo de Clotario II (rei dos francos) e de Bertrude, foi rei dos francos entre os anos 629 e 639.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Remove ads
Traxectoria
No 623, debido ás reivindicacións autonomistas dos nobres de Austrasia, o seu pai noméao rei deste territorio, desprovisto das rexións das Ardenas e os Vosgos.
Á morte do seu pai convértese en rei dos francos, cedendo o reino de Aquitania, creado para a ocasión, ao seu irmán Cariberto II, facéndoo renunciar definitivamente ao trono de Francia. Á morte do seu irmán, recupera Aquitania, converténdose no rei merovinxio máis poderoso e o monarca máis respectado do seu tempo. Fai de París a súa capital, debido á súa posición xeográfica no centro do reino.
Por recomendación dos seus conselleiros Didier, Dadon (futuro Santo Ouen) e Eligius (futuro Santo Eloi), loita contra as reivindicacións autonomistas de parte da nobreza e reorganiza a administración e a xustiza do reino. Desenvolve a educación e as artes e doa importantes agasallos á Igrexa. Fundará, entre outras, a abadía de San Denis, a cal ha acoller posteriormente a súa tumba e será durante moitos anos a tumba dos Reis de Francia. Foi o último rei merovinxio que dirixiu persoalmente o regnum francorum. Durante o seu reinado, mandou construír o castelo de Altes Schloss en Merseburg, Alemaña que aínda é hoxe en día o castelo máis antigo habitado neste país.
Dagoberto desenvolveu as relacións diplomáticas cos países veciños: asina un tratado de paz perpetua co emperador bizantino Heraclio, unha alianza cos longobardos e un acordo cos saxóns polo que lle axudarán a protexer as súas fronteiras dos eslavos. Desenvolve campañas militares contra os gascóns, os bretóns e sobre todo contra os eslavos.
No ano 632, a nobreza de Austrasia enfróntase a el, e para buscar a calma, vese obrigado a ceder o reino de Austrasia ao seu fillo Sixeberto III que ten só dous anos.
Pronto os nobres de Neustria esixen e obteñen a unión deste reino con Borgoña, e que coloque ao seu fillo Clodoveo II á fronte dese novo reino.
Á súa morte, os seus dous herdeiros son aínda moi novos: Sixeberto ten oito anos e Clodoveo catro, polo que os mordomos de palacio dedícanse a manipular aos soberanos e acaparan definitivamente do poder. É o comezo da época dos Reis folgazáns, que marcará o fin da dinastía Merovinxia.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads