Damão

From Wikipedia, the free encyclopedia

Damãomap
Remove ads

Damão[1] (en hindi: दमन ; en gujarati: દમણ ; en case todas as linguas europeas Daman) é unha cidade da India, capital do territorio da Unión de Dadra e Nagar Haveli e Damão e Diu.[2] Até 1961 foi a sede de distrito do antigo Estado portugués da India. Ten 72 km² e aproximadamente 191.173 habitantes (2011).[3]

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Remove ads

Historia

Thumb
Damão, vista sobre o mar

Situado na costa do Golfo de Cambaia, foi un dos tres concellos que conformaban o distrito. Dadra e Nagar-Haveli (enclaves en territorio indio) eran os outros dous municipios de Damão. O antigo concello de Damão estaba formado polas parroquias de Damão Grande (Moti Daman), Damão Pequeno (Nani Daman) e .[4]

O primeiro contacto dos portugueses con Damão tivo lugar en 1523, cando chegaron alí os barcos de Diogo de Melo. En 1534, o vicerrei D. Nuno da Cunha enviou a António Silveira a arrasar os baluartes mouriscos de Damão, sabedor de que alí estaban situados os estaleiros e outras instalacións necesarias para equipar as frotas islámicas que viñan combater as armadas portuguesas. O capitán-maior Martim Afonso de Sousa tamén sería enviado a Daman para bombardear e destruír as fortificacións islámicas. Pero foi só en 1559 cando a cidade de Daman foi tomada definitivamente, polo vicerrei D. Constantino de Bragança.[5]

A zona de Pequeno Damão, na marxe dereita do río Damanganga, foi ocupada en 1614. Os éxitos e fracasos das guerras locais, nas que destacan as loitas contra os sidis (mercenarios abisinios) e os marathas, provocaron a perda de territorios en Vasai, no antigo reino de Cambaia (Sultanato de Gujarat). En mans dos portugueses, desde as loitas entre o rei de Cambaia e os mogoles, Vasai pasou a poder dos marathas en 1739.[5]

E, ao ano seguinte, tocaralle a Chaúl caer en mans dos mesmos Marathas. Porén, moitos pobos e aldeas serán perdidos polos portugueses, até que, pola axuda militar que prestaron a Madeva Pradan, titular do trono, contra o príncipe Ragobá que, aliado cos ingleses, pretendía derrocar aos peshwá e ocupar o seu lugar. Portugal recibiría, polo Tratado de 1780, como restitución, 72 aldeas correspondentes a territorios unha vez perdidos. E con estas aldeas formáronse os enclaves de Dadrá e Nagar-Aveli.[5]

O 18 de decembro de 1961, o distrito portugués de Damão foi invadido e ocupado polas tropas da Unión India e incorporado ao territorio de Daman e Diu.[6] Desde 2020 é a capital do territorio de Dadrá e Nagar Aveli e Daman e Diu.[2]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads