Daniel Auber

compositor francés From Wikipedia, the free encyclopedia

Daniel Auber
Remove ads

Daniel François Esprit Auber, nado en Caen o 29 de xaneiro de 1782 e finado en París o 12 de maio de 1871, foi un compositor francés, considerado un dos mestres da ópera francesa.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Daniel Auber.
Remove ads

Biografía

Daniel Auber provén dunha familia de artistas cunhas privilexiadas relacións coa realeza; o seu avó foi pintor de Luís XVI e o seu pai, "oficial de caza do Rei" foi ao mesmo tempo pintor e grande amador de música na corte.

Obra

Compuxo ao longo da súa vida 47 obras líricas, entre elas 36 opéra-comiques, 6 óperas, 3 dramas líricos, 2 óperas ballet e un ballet. Unha obra que, polo seu espírito, a súa lonxevidade e mais a súa abundancia contribúe sen equívocos á prosperidade internacional da arte lírica francesa. O musicólogo alemán Herbert Schneider estableceu en 1994 o catálogo completo das súas obras, Chronologisch-thematisches Verzeichnis.

Óperas

  • Vendôme en Espagne, drama lírico nun acto, en colaboración con Hérold, théâtre de l’Opéra, 5 de decembro de 1823
  • Léocadie, drama lírico en tres actos, théâtre de l’Opéra-Comique (sala Feydeau), 4 de novembro de 1824
  • La Muette de Portici, grande ópera en cinco actos, théâtre de l’Opéra, 29 de febreiro de 1828
  • Le Dieu et la Bayadère, ou la Courtisane amoureuse, ópera en dous actos, Opéra, 13 de outubro de 1830
  • Le Philtre (20 de xuño de 1831, ópera en dous actos, théâtre de l’Opéra, París
  • La Marquise de Brinvilliers, drama lírico en tres actos, en colaboración con Boieldieu, Cherubini, Berton, Hérold, Paër e Carafa, théâtre de l’Opéra, 31 de outubro de 1831
  • Le Serment ou les Faux-monnayeurs, ópera en tres actos, théâtre de l’Opéra, 1 de outubro de 1832
  • Gustave III ou le Bal masqué, ópera histórica en cinco actos, théâtre de l’Opéra, 27 de febreiro de 1833
  • Le Cheval de bronze, ópera-féérie en tres actos, théâtre de l’Opéra-Comique (sala da Bourse), 23 de marzo de 1835, despois ópera-ballet en tres actos, théâtre de l’Opéra, 21 de setembro de 1857
  • Le Lac des fées, ópera en cinco actos, théâtre de l’Opéra, 1 de abril de 1839
  • L'Enfant prodigue, ópera en cinco actos, théâtre de l’Opéra, 6 de decembro de 1850

Ópera-comique

  • Le Maçon (1825)
  • La Fiancée (1829)
  • Fra Diavolo (1830)
  • Lestocq (1834)
  • Le cheval de bronze (1835)
  • L'ambassadrice (1836)
  • Le domino noir (1837)
  • Le lac des fées (1839)
  • Les diamants de la couronne (1841)
  • Haydée (1847)
  • Marco Spada (1853)
  • Manon Lescaut (1856)
  • La fiancée du Roi de Garbe (1864).

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads