David Lean

From Wikipedia, the free encyclopedia

David Lean
Remove ads

David Lean, nado en Croydon, Londres (Inglaterra), o 25 de marzo de 1908 e finado en Limehouse, Londres, o 16 de abril de 1991, foi un director de cine británico.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Lean iniciouse na industria como axudante de cámara en 1927 na Gaumont Pictures, para logo ascender posicións. En 1930 traballaba na montaxe de noticias e a partir de 1934 no de filme. Montou obras como Escape me Never (1936), Pygmalion (1938), 49th Parallel (1941) e One of our Aircraft Is Missing (1942).

Os seus primeiros catro traballos como director estiveron baseados en obras do dramaturgo Noël Coward, co que codirixiu o primeiro deles, In Which We Serve de 1942). O máis salientable deste grupo foi o filme Breve encontro (1945), que compartiu unha Palma de Ouro no Festival de Cannes.

David Lean rodou dúas adaptacións de novelas de Charles Dickens, Great Expectations (1946) e Oliver Twist (1948). Despois realizou o drama aeronáutico The Sound Barrier (1952) e Hobson's Choice (1954), situado no mundo vitoriano.

Na industria hollywoodiense

Coa chegada do cinema en cor, Lean converteuse nunha figura sólida da industria hollywoodiense. Traballou para ela dende 1955 e triunfou comercialmente. As superproducións polas que é máis popular comezaron en 1957 con A ponte sobre o río Kwai, pola que gañou o oscar ao mellor director, igual que por Lawrence de Arabia (1962).

Despois do éxito de Doutor Zhivago (1965) veu un filme con menor éxito, Ryan's Daughter (1970). Tras unha longa parada de catorce anos dirixiu A Passage to India (1984).

Finou en Londres mentres planeaba un filme baseado na obra Nostromo, de Joseph Conrad.

Remove ads

Filmografía

Como montador

Máis información Ano, Título ...

Como director

Máis información Ano, Título ...
Remove ads

Véxase tamén

Bibliografía

  • Alain Silver e James Ursini, David Lean and his Films, Silman-James, 1992.
  • Kevin Brownlow, David Lean, Faber & Faber, 1997.
  • Silverman, Stephen M., David Lean, Harry N. Abrams, 1989.
  • Santas, Constantine, The Epics Films of David Lean, Scarecrow Press, 2011
  • Turner, Adrian The Making of David Lean's Lawrence of Arabia (Dragon's World, Limpsfield UK, 1994)
  • Turner, Adrian Robert Bolt: Scenes from two lives (Hutchinson, Londres 1998)
  • Williams, Melanie, David Lean, (Manchester University Press, 2014)
  • Morris, L. Robert e Lawrence Raskin, Lawrence of Arabia: the 30th Anniversary Pictorial History, Anchor Books, Doubleday, 1992

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads