Definitely Maybe

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Definitely Maybe é o álbum de estrea da banda inglesa de britpop Oasis, editado o 30 de agosto de 1994 a través do selo Creation Records. Tivo un éxito inmediato no Reino Unido, tanto de vendas como de crítica, extraéndose del os sinxelos "Supersonic", "Shakermaker" e "Live Forever".

Datos rápidos Álbum de Oasis, Publicado ...

Definitely Maybe entrou directo ao número 1 das listas británicas de álbums. Foi o disco de estrea coas vendas máis rápidas no Reino Unido ata ese momento, sendo superado no 2006 polo álbum de Arctic Monkeys Whatever People Say I Am, That's What I'm Not. Foi certificado sete veces platino nese país, ao vender 2,1 millóns de copias. O traballo marcou o comezo do éxito de Oasis nos Estados Unidos, vendendo 1 millón de discos a pesar de acadar só o posto 58 na lista Billboard 200. En todo o mundo o disco acadou unhas cifras de 7 millóns de copias vendidas.

Remove ads

Listaxe de cancións

Tódolos temas escritos e compostos por Noel Gallagher.. 

Máis información N.º, Título ...
Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads