Demolition Plot J-7
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Remove ads
Demolition Plot J-7 é o segundo EP da banda estadounidense de indie rock Pavement, publicado o 1 de xuño de 1990 a través do selo Drag City. Foi a primeira edición do grupo a través desta discográfica e tamén o seu primeiro traballo non autoeditado. Demolition Plot J-7 comparte moitas das influencias indie e punk rock do seu EP de estrea de 1989 Slay Tracks (1933-1969), pero tamén diversifica o son da banda incorporando teclados.
Moitos dos temas de Demolition J-7 foron compostos mentres Scott Kannberg e Jason Fawkes estaban na súa banda de curta vida Pa. Despois de que Stephen Malkmus escoitase demos gravadas por Pa, as cancións convertéronse nun proxecto de Pavement. As sesións de gravación de Demolition J-7 foron máis difíciles que as de Slay Tracks debido á tensión que había entre o produtor Gary Young e Jason Fawkes.
Remove ads
Listaxe de cancións
Todos os temas compostos por Stephen Malkmus, con algunhas das primeiras versións atribuídas a Scott Kannberg.
- "Forklift" – 3:27
- "Spizzle Trunk" – 1:23
- "Recorder Grot" – 2:18
- "Internal K-Dart" – 1:51
- "Perfect Depth" – 2:43
- "Recorder Grot (Rally)" – 0:21
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads