Denali

Cime máis alta de Norteamérica From Wikipedia, the free encyclopedia

Denalimap
Remove ads

Denali é a montaña de maior elevación de América do Norte e dos Estados Unidos. Sitúase en Alasca, e ten unha altura de 6.194 metros. Forma parte da gran cadea de Alasca, un arco montañoso de 960 km, que se estende a través da zona suroriental do estado. Esta cadea é unha porción dos grandes cordais occidentais do continente, que se estenden desde Alasca até as costas de California, e a depresión do Val da Morte.

Datos rápidos Tipo, Epónimo ...
Remove ads

Nome

O pobo kokuyon, habitantes tradicionais da área, denomínana Denali ("a gran montaña"). Foi, porén, renomeado Monte McKinley en 1896, en honra do presidente estadounidense William McKinley, nome oficializado en 1917 por unha lei federal. En 1975 Alasca recoñeceu a forma Denali como oficial e principiou un longo litixio coas autoridades federais para que estas recoñecesen a forma Denali como oficial a efectos federais, o que se levou a cabo en 2015.[1] Porén, o 20 de xaneiro de 2025 o presidente Donald Trump asinou unha orde federal na que lle solicitaba ao Secretario do Interior que restablecese o nome do monte a McKinley de novo nun prazo de 30 días.[2]

Remove ads

Ascensións

A primeira ascensión do McKinley aconteceu o 7 de xuño de 1913, a cargo dunha expedición guiada por Hudson Stuck. Unha suposta escalada no 1903, por Frederick Cook, demostrouse moi logo que era unha fraude. No 1947, Barbara Washburn foi a primeira muller que alcanzou a cima. Na actualidade a montaña é escalada con regularidade, pero segue a ser unha empresa perigosa e da que resultan bastantes incidentes.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads