Desaparecida
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Desparecida é unha serie de televisión producida por Grupo Ganga e que emitiu La 1 de Televisión Española. Consta dunha única tempada de trece capítulos, estreados entre o 3 de outubro de 2007 e o 30 de xaneiro de 2008. Dirixida entre outros por Carlos Sedes, gran parte do equipo técnico desta produción é galego e participou anteriormente na exitosa serie galega A vida por diante.
Coincidindo coa emisión do último capítulo da serie, anunciouse a próxima estrea dunha spin-off titulada UCO e protagonizada por dous dos personaxes da serie, o tenente Sierra (Miguel Ángel Solá) e a sarxenta Laura Andrún (Esther Ortega).
Remove ads
Argumento
Patricia Marcos é unha moza que vive coa familia nunha vila ficticia ás aforas de Madrid, Blancaró. A noite en que fai 18 anos Patricia planea saír coa curmá, Cris, e ir á festa da vila veciña. Tras discutir coa nai, Lola, sobre a hora de volver á casa, Patricia acaba logrando autorización do pai, Alfredo, para adiar a volta. Con todo, a moza non regresa xamais á casa, o que mobiliza a familia e mais a Garda Civil na súa procura. A medida que a investigación avance sairán a luz detalles descoñecidos de Patricia e da súa contorna.
Remove ads
Elenco de actores e personaxes
Principais
- Patricia Marcos (interpretada por Beatriz Ayuso). É a filla de Alfredo e Lola, a do medio de tres irmáns. Mantén unha tensa relación coa nai, mais lévase moi ben co pai. Sae cun compañeiro de clase, Rubén, aínda que os pais dela ignoran esta relación. Patricia desaparece o mesmo día en que cumpre 18 anos.
- Alfredo Marcos (Carlos Hipólito). É o pai de Patricia, está casado con Lola. Rexenta un restaurante co irmán, Gerardo.
- Lola Álvarez (Luisa Martín ). Está casada con Alfredo. Vive unha tensa relación coa filla do medio, Patricia, polas ansias de liberdade da moza.
- Diego Marcos (Francesc Tormos). Fillo de Alfredo e Lola, irmán máis vello de Patricia e Sonia. É un mozo rebelde, impulsivo e independente.
- Sonia Marcos (Bárbara Meier). Ten sete anos e é a máis nova dos fillos de Alfredo e Lola. Comparte habitación coa irmá, Patricia.
- Cristina Marcos (Marina Salas). É a curmá de Patricia, ademais da súa mellor amiga e confidente. Filla de Gerardo Marcos, a nai morreulle cando era moi nova.
- Gerardo Marcos (Carlos Kaniowsky). O tío de Patricia é o irmán máis vello de Alfredo, con quen rexenta un bar. A muller morreulle dez anos atrás, logo dunha longa enfermidade. Desde entón criou el só a filla Cristina.
- Rubén Atienza (Santi Marín). Compañeiro de clase de Patricia, coa que acaba de iniciar unha relación pouco antes da súa desaparición. Este feito fará del un dos principais sospeitosos.
- Tenente Sierra (Miguel Ángel Solá). Pertence á Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil e ten unha longa traxectoria profesional. Será o principal responsable da investigación sobre a desaparición de Patricia. Está separado da muller, coa que tivo unha filla de 18 anos.
- Sarxenta Laura Andrún (Esther Ortega). Sarxenta da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil e compañeira de Sierra desde hai anos.
Secundarios
- Ricardo (Richi) (Alejandro Cano)
- Chete (Julio Cabañas)
- Carla Tuñón (Mariña Ballesteros)
- César Román (Héctor Claramunt)
- Rosa (Luisa Martínez)
- Alba (María Salgueiro)
Remove ads
Créditos
- Dirección: Carlos Sedes, Manuel Palacios, Jorge Sánchez Cabezudo e José María Caro
- Guión: Ramón Campos, Gema R. Neira, Eligio R. Montero, Allan Baker, Álvaro González-Aller, Deborah Rope, Luís Marías e Laura León.
- Edición de guións: Ramón Campos e Laura León
- Produción: Miguel Ángel Bernardeau, Ramón Campos, Teresa Fernández-Valdés, Francisco Cabrera e Nicolás Romero Lara.
- Dirección de fotografía: Jacobo Martínez e Migue Amoedo
- Dirección artística: Gonzalo Gonzalo e Roberto Carvajal
- Dirección de produción: Miriam Mateos
- Montaxe: José Ares, Joaquín Roca, Esperanza San Esteban e Nino Martínez Eslamiada
- Música orixinal: Nani García
Episodios
As datas e os datos de audiencia corresponden á súa estrea en España.
Remove ads
Premios
- XVII Edición dos Premios da Unión de Actores
- Luisa Martín candidata ó premio a Mellor actriz protagonista de televisión
- Carlos Hipólito candidato ó premio a Mellor actor protagonista de televisión
- Miguel Ángel Solá candidato ó premio a Mellor actor protagonista de televisión
- Carlos Kaniowsky candidato ó premio a Mellor actor secundario de televisión
- Luisa Martín candidata ó premio a Mellor actriz secundaria de televisión
- Jacobo Dicenta candidato ó premio a Mellor actor secundario de televisión
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads