Didélfidos

familia de mamíferos marsupiais From Wikipedia, the free encyclopedia

Didélfidos
Remove ads

A dos didélfidos (Didelphidae) é unha familia de mamíferos marsupiais, a única con especies vivas na actualidade dentro da orde dos didelfimorfos.

Máis información DidélfidosDidelphidae Rango fósil: cretáceo superior - actualidade, Clasificación científica ...

Apareceron no Cretáceo superior,[1] e a familia comprende especies nativas de toda América, pero especialmente de América Central e do Sur,[2] coñecidas como sarigüeias[3] ou sarigüés.[4]

Remove ads

Características

As sarigüeias son animais que, polo xeral, son de tamaño mediano e de hábitos tanto terrestres como arborícolas.

Distínguense polo seu longo fociño, o seu cranio oblongo, unha crista ósea que percorre lonxitudinalmente o centro do mesmo e uns dentes pouco especializados.

Excepcionalmente, entre os mamíferos que non son primates, posúen un dedo opoñíbel nas patas traseiras provisto dunha uña (non unha garra). Teñen ademais unha cola prénsil que os axuda a desprazárense nas ramas das árbores, e que é utilizada polos exemplares xuveníes para aferrárense ao corpo da nai.

Colonizan a maior parte dos ecosistemas da rexión neotropical, desde praderías e zonas arbustivas até a selva tropical, e desde o nivel do mar até os 3.000 m de altitude. Por regra xeral son polo menos parcialmente arborícolas, coa excepción da especie Chironectes minimus, de hábitos basicamente acuáticos.

Remove ads

Taxonomía

Descrición

A familia foi descrita en 1821 polo naturalista británico John Edward Gray, en London Med. Repos., 15: 308.[5]

Etimoloxía

O nome científico Didelphidae está formado, como é norma, pola unión á raíz do nome do xénero tipo da familia, Didelphis, co elemento do latín científico -ĭdae, propio dos nomes das familias de animais.

Pola súa parte Didelphis está formado polo elemento di-, calco do grego δι- 'dous' e o termo do grego antigo δελφύς ‎delphýs 'útero'.

Sinónimos

Ademais de polo nome que lle deu Gray, e actualmente válido, a familia coñeceuse polo sinónimo Didelphidia.[5]

Clasificación

Thumb
Caluromys philander.
Thumb
Caluromys derbianus.
Thumb
Chironectes minimus.
Thumb
Didelphis marsupialis.
Thumb
Philander opossum.
Thumb
Marmosa murina.
Thumb
Monodelphis domestica.

A clasificación da familia en xéneros e especies non está terminada de aclarar, existindo algúns taxons de clasificación incerta.

Dúas das máis prestixiosas bases de datos, o MSW e o ITIS, dan as seguintes clasificacións para a familia dos didélfidos:

Clasificación do MSW

  • Familia Didelphidae Gray, 1821 [5]
    • Subfamilia Caluromyinae Kirsch, 1977
      • Xénero Caluromys J. A. Allen, 1900
      • Xénero Caluromysiops Sanborn, 1951
      • Xénero Glironia Thomas, 1912
    • Subfamilia Didelphinae Gray, 1821
      • Xénero Chironectes Illiger, 1811
      • Xénero Didelphis Linnaeus, 1758
      • Xénero Gracilinanus Gardner & Creighton, 1989
      • Xénero Hyladelphys Voss, Lunde & Simmons, 2001
      • Xénero Lestodelphys Tate, 1934
      • Xénero Lutreolina Thomas, 1910
      • Xénero Marmosa Gray, 1821
      • Xénero Marmosops Matschie, 1916
      • Xénero Metachirus Burmeister, 1854
      • Xénero Micoureus Lesson, 1842
      • Xénero Monodelphis Burnett, 1830
      • Xénero Philander Brisson, 1762
      • Xénero Thylamys Gray, 1843
      • Xénero Tlacuatzin Voss & Jansa, 2003

Clasificación do SIIT

  • Familia Didelphidae Gray, 1821 [6]
    • Subfamilia Caluromyinae Kirsch, 1977
      • Xénero Caluromys J. A. Allen, 1900
    • Subfamilia Didelphinae Gray, 1821
      • Xénero Chironectes Illiger, 1811
      • Xénero Didelphis Linnaeus, 1758
      • Xénero Gracilinanus Gardner & Creighton, 1989
      • Xénero Hyladelphys Voss, Lunde & Simmons, 2001
      • Xénero Lestodelphys Tate, 1934
      • Xénero Lutreolina Thomas, 1910
      • Xénero Marmosa Gray, 1821
      • Xénero Marmosops Matschie, 1916
      • Xénero Metachirus Burmeister, 1854
      • Xénero Micoureus Lesson, 1842
      • Xénero Monodelphis Burnett, 1830
      • Xénero Philander Brisson, 1762
      • Xénero Thylamys Gray, 1843
      • Xénero Tlacuatzin Voss & Jansa, 2003

Como vemos, entre elas só hai unhas pequenas diferenzas na subfamilia dos Caluromyinae

Clasificación de Voss e Jansa

No ano 2009, Robert S. Voss e Sharon A. Jansa reclasificaron a familia, que dividiron en 4 subfamilias, e que comprenden os seguintes xéneros:[7]

  • Subfamilia Glironiinae Voss & Jansa, 2009
    • Xénero Glironia Thomas, 1912 (1 especie)
  • Subfamilia Caluromyinae Kirsch & Reig, 1977
    • Xénero Caluromys J. A. Allen, 1900 (3 especies)
    • Xénero Caluromysiops Sanborn, 1951 (1 especie)
  • Subfamilia Hyladelphinae Voss & Jansa, 2009
    • Xénero Hyladelphys Voss, Lunde & Simmons, 2001 (1 especie)
  • Subfamilia Didelphinae Gray, 1821
    • Tribo Marmosini Hershkovitz, 1992
      • Xénero Marmosa Gray, 1821 (15 especies)
      • Xénero Monodelphis Burnett, 1830 (22 especies)
      • Xénero Tlacuatzin Voss & Jansa, 2003 (1 especie)
    • Tribo Metachirini Hershkovitz, 1992
      • Xénero Metachirus Burmeister, 1834 (1 especie)
    • Tribo Didelphini Gray, 1821
      • Xénero Chironectes Illiger, 1811 (1 especie)
      • Xénero Didelphis Linnaeus, 1758 (6 especies)
      • Xénero Lutreolina Thomas, 1910 (1 especie)
      • Xénero Philander Brisson, 1762 (7 especies)
    • Tribo Thylamyini Hershkovitz, 1992
      • Xénero Chacodelphys Voss, Jansa & Gardner, 2004 (1 especie)
      • Xénero Cryptonanus Voss, Lunde & Jansa, 2005 (5 especies)
      • Xénero Gracilinanus Gardner & Creighton, 1989 (6 especies)
      • Xénero Lestodelphys Tate, 1934 (1 especie)
      • Xénero Marmosops Matschie, 1916 (15 especies)
      • Xénero Thylamys Gray, 1843 (10 especies)
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads