Digimon Adventure
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Digimon Adventure (デジモンアドベンチャー Dejimon Adobenchā?) é unha serie de animación xaponesa creada en 1999 por Toei Animation, baseada no filme do mesmo nome. É a primeira serie de animación da franquía Digimon. A serie continúa cos mesmos personaxes en Digimon Adventure 02.
Remove ads
Sinopse
O 1 de agosto de 1999, sete nenos do Xapón son repentinamente trasladados a unha estraña dimensión, chamada "Digital World", mentres estaban nun campamento de verán. Durante as súas aventuras, os nenos Tai, Matt, Sora, Izzy, Mimi, Joe, e T.K., descobren que se atopan nun lugar onde habitan criaturas dixitais chamadas "Digimon". Facendo amizade con sete digimon, os nenos aprenden que teñen a habilidade de axudar a evolucionar ós seus compañeiros Digimon (digivolve) en formas máis fortes e poderosas que poden combater ós inimigos durante un curto período de tempo.
Remove ads
Personaxes
Os oito nenos elixidos aparecen primeiro, seguidos dos seus compañeiros Digimon.
Personaxes principais
Malvados
| Devimon (デビモン) | Episodios 1-13 | Kaneto Shiozawa | |
| O primeiro malvado co que se atopan os nenos. Destruído por Angemon. Reaparece nos episodios 19 a 21 en Digimon Adventure 02 , onde o Emperador Digimon emprega os seus datos para completar a Kimeramon. | |||
| Etemon (エテモン) | Episodios 14-20, 46-47 | Yasunori Masutani (JP) | |
| O segundo malvado ó que se enfrontan. Destruído por primeira vez por MetalGreymon, pero máis tarde regresou como MetalEtemon. MetalEtemon foi destruído por SaberLeomon e Zudomon. | |||
| Myotismon Vamdemon (ヴァンデモン) | Episodios 20-39 | Ryūzaburō Ōtomo | |
| Terceiro malvado. Destruído por vez primeira por Angewomon e os outros digimons, pero regresou como VenomMyotismon. Destruído outra vez por WarGreymon e MetalGarurumon. Reaparece en Digimon Adventure 02 como MaloMyotismon, foi destruído por Imperialdramon Fighter Mode. | |||
| Piedmon Piemon (ピエモン) | Episodios 50-52 | Chikao Ōtsuka | |
| O líder dos Mestre Escuros. Destruído por MagnaAngemon coa axuda de WarGreymon e MetalGarurumon. | |||
| MetalSeadramon Piemon (ピエモン) | Episodios 41-42 | Yuuto Kazama | |
| O señor do Net Ocean, un gran océano cunhas poucas illas. Cando os nenos elixidos loitaban contra Myotismon en Tokyo, MetalSeadramon tomou o control da porción do océano da Montaña Espiral. Destruído por WarGreymon. | |||
| Machinedramon Mugendramon (ムゲンドラモン) | Episodios 48-49 | Hisao Egawa | |
| O señor da Digital City, que semella unha fusión das cidades máis importantes da Terra. Destruído por WarGreymon. | |||
| Apocalymon Apokarimon (アポカリモン) | Episodios 52-54 | Chikao Ōtsuka | |
| O malvado que orixinalmente puxo ó Digital World en perigo. O creador dos Mestres Escuros e o que lles deu a Devimon, Etemon e Myotismon) os seus poderes. Foi definitivamente destruído polos esforzos combinados de WarGreymon, MetalGarurumon, Garudamon, MegaKabuterimon, Lillymon, Zudomon, MagnaAngemon e Angewomon. | |||
| Puppetmon Pinocchimon (ピエモン) | Episodios 43-47 | Etsuko Kozakura | |
| O menor dos Mestres Escuros e o que máis tempo durou na loita contra os nenos elixidos (cinco episodios). Destruído por MetalGarurumon. | |||
Remove ads
Véxase tamén
Outros artigos
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads