Denar macedonio

From Wikipedia, the free encyclopedia

Denar macedonio
Remove ads

O denar[1] (en macedonio: денар, transcrito denar) é a divisa oficial da Macedonia do Norte. Subdivídese en 100 дени (deni). O código ISO 4217 es MKD e a súa abreviatura común Ден (Den).

Denar macedonio
Македонски денар en macedonio
Thumb
Código:MKD
Ámbito:Macedonia do Norte Macedonia do Norte
Símbolo:Ден.
Fracción:100 deni
Moedas:50 deni 1, 2, 5, 10, 50 MKD
Billetes:10, 50, 100, 500, 1.000, 5.000 MKD
Emisor:Banco Nacional de Macedonia do Norte
Taxa de troco:
24-11-09
1 EUR = 62,01842 MKD
1 USD = 41,51818 MKD
Troco actual
Remove ads

Historia

O goberno macedonio decidiu recuperar para a nova unidade monetaria do país o nome dunha moeda histórica macedonia. O dinar (nome derivado do denario romano) era o nome que recibiron un bo número de moedas dende a Idade Media, como os antigos dinares macedonio, húngaro ou croata.

A moeda introduciuse o 26 de abril de 1992 e naquela época era equivalente ao dinar convertible iugoslavo (YUN). O 5 de maio de 1993 reformouse a moeda, e un novo dinar (MKD) equivalía a 100 dos antigos (MKN). É emitida polo Banco Nacional de Macedonia do Norte (en macedonio: Народна банка на Република Македонија/Narodna Banka na Republika Makedonija).

Remove ads

Moedas

As moedas que se atopan en circulación corresponden aos valores seguintes:

Máis información Imaxe, Facial ...
Remove ads

Billetes

Os billetes en circulación oficial (serie de 1996) descríbense a continuación:

  • 10 MKD
    • Tonalidade: violeta e amarelo
    • Anverso: torso da deusa exipcia Isida do século III a.C.
    • Reverso: un mosaico da Basílica de Stobi (século V) simbolizando unha ave do paraíso
  • 50 MKD
    • Tonalidade: ocre e azul
    • Anverso: moeda de cobre do período do emperador Anastasio I e arco da Igrexa de San Panteleimon en Gomo Nerezi, Skopje
    • Reverso: o arcanxo Gabriel nun fresco da Igrexa de San Xurxo en Kurbinovo (lago Prespa)
  • 100 MKD
    • Tonalidade: violeta e marrón
    • Anverso: detalle do rosetón dun teito nunha vivenda típica de Debar
    • Reverso: o gravado "Skopje" do neerlandés Jacobus Harevin visto dende unha xanela típica albanesa
  • 500 MKD
    • Tonalidade: laranxa, vermello e verde oliveira
    • Anverso: máscara de ouro do século VI a.C. achada en Trebenista, Ohrid
    • Reverso: flor de papoula
  • 1000 MKD
    • Tonalidade: marrón e púrpura
    • Anverso: icona da Virxe Episkepsis co neno Xesús (século XIV) na Igrexa de Santa Sofía en Ohrid
    • Reverso: detalle da Igrexa de Santa Sofía en Ohrid

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads