Diogo Cão

navegante e explorador portugués From Wikipedia, the free encyclopedia

Diogo Cão
Remove ads

Diogo Cão, nado probabelmente en Vila Real[1] cara a 1440 e finado posibelmente no río Congo cara a 1486, foi un explorador e navegante portugués, un dos máis importantes da era dos descubrimentos. Fixo dúas viaxes navegando ao longo da costa oeste de África entre 1482 e 1486 ao servizo de Xoán II de Portugal. Foi o primeiro europeo coñecido que avistou a foz do río Congo e que o remontou nos seus quilómetros navegábeis, e en explorar a costa desde o cabo de Santa Catarina (Gabón), case no Ecuador, e o cabo Cross, preto de Walvis Bay, na costa da actual Namibia.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Pouco se sabe dos seus primeiros anos. Era fillo natural de Álvaro Fernandes ou Gonçalves Cão, fidalgo da Casa Real portuguesa[2] e el mesmo fillo ilexítimo de Gonçalo Cão. Sendo fillo de militar, entrou na mariña aos 14 anos, chegando a capitán en 1480.

Escudeiro da Casa de Xoán II de Portugal,[3] foi enviado por este a varias expedicións. Realizou dúas viaxes de descubrimento da costa suroeste africana, entre 1482 e 1486.

Thumb
Pedra de Ielala en Matadi, República Democrática do Congo, ou "rocha de Diogo Cão", coas inscricións feitas polo explorador.

Chegou á foz do río Congo, que sinalou cun padrão ou piar de pedra (que aínda existe, pero só algúns fragmentos) erixido na punta Shark. Cão tamén navegou río arriba,[4] establecendo contacto co reino do Congo até ás fervenzas de Ielala, preto de da actual cidade de Matadi, o límite navegábel, onde erixiu outro padrão. A palabra Matadi significa "pedra" en lingua kikongo. A cidade está construída sobre empinados outeiros. Río arriba hai unha serie de covas, chamadas "rocha de Diogo Cão", nas que hai inscricións feitas polo explorador portugués en 1485 no padrão, para marcar o límite da súa viaxe remontando o río.

Na inscrición deste padrão pode lerse:

"Aquí chegaram os navios do esclarecido rei D. João II de Portugal – Diogo Cão, Pero Anes, Pero da Costa"

Cando chegou á foz do río Congo, Diogo Cão pensou que alcanzara o punto máis ao sur do continente africano (que realmente é o cabo da Boa Esperanza), que realmente foi dobrado por Bartolomeu Dias pouco tempo despois.

Estabeleceu as primeiras relacións co reino do Congo, e, en 1485, chegou ao por el denominado denominado cabo da Cruz (na actual Namibia).[5] Introduciu a utilización dos padrões de pedra, en lugar das cruces de madeira, para sinalar a presenza portuguesa nas zonas descubertas.

Recibiu a mercé dun Escudo de Armas por Carta de 14 de abril de 1484. As Armas que lle foran concedidas son: en verde, con dúas columnas de prata, rematadas en cadansúa cruz en azur e firmadas sobre dous montes, moventes dun terreiro, todo da súa cor; timbre: as dúas columnas do escudo pasadas en aspa e atadas en verde.[6]

Segundo din algúns, Cão morreu contra 1486 no río Congo perseguindo un crocodilo.[Cómpre referencia]

Remove ads

Matrimonio e descendencia

Ignórase con quen casou, pero tivo descendencia:

  • Pedro Cão, que casou con Brites Figueira de Azevedo.
  • Manuel Cão]], que casou con Helena Lobo Pinheiro de Lacerda.
  • André Afonso Cão, Xeneral de Galeiras de Entre Douro e Miño, que casou con Genebra de Magalhães, irmá de Fernão de Magalhães.
  • Isabel Cão, que casou con Baltazar Gonçalves Ferreira.

Nas artes

Diogo Cão é citado en diversas obras artísticas, como nos Lusíadas, de Luís Vaz de Camões ou no poema Padrão na obra Mensagem de Fernando Pessoa. O navegante é tamén un personaxe na novela As Naus, de António Lobo Antunes.

Foi tamén o primeiro navegante que utilizou un padrão de pedra no acto da marcación.

Imprimíuse un billete de 1 angolar da Provincia Ultramarina de Angola, así como selos da metrópole e das colonias coa súa imaxe.

Galería de imaxes

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads