Dipódidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os dipódidos (Dipodidae) son unha familia de roedores que viven no hemisferio norte, e son a única familia da superfamilia Dipodoidea. Esta familia inclúe unhas 50 especies distribuídas en 16 xéneros.[2] Entre as especies da familia están os xerbos, zapodinos (Zapodinae) e sicistas (Sicista). As diferentes especies poden vivir en praderías, desertos e bosques. Teñen a capacidade de andar a saltos (mediante saltos bípedes usando as patas de atrás), unha característica que está máis evolucionada nos xerbos do deserto.
Remove ads
Características
Os dipódidos son roedores de tamaño pequeno a medio, entre os 4 e os 26 cm de lonxitude, excluído o rabo. Todos están adaptados ao salto, aínda que en varios graos. Os xerbos teñen patas traseiras moi longas que, na maioría das especies, teñen grandes ósos metatarsais. Desprázanse choutando ou camiñando sobre as súas patas posteriores. Os zapodinos teñen longos pés, pero carecen das extremas adaptacións dos xerbos, polo que se moven gateando ou dando curtos pasos, en vez de a grandes saltos. Tanto os xerbos coma os zapodinos teñen longos rabos que lles axudan a equilibrarse. Os sicistas teñen rabos e pés curtos, pero tamén se moven choutando.[3]
A maioría dos dipódidos son omnívoros, e as súas dietas consisten en sementes e insectos. Porén, algunhas especies de xerbos, como Allactaga sibirica, son case enteiramente insectívoros. Igual que outros roedores, teñen incisivos rilladores separados dos dentes trituradores da zona das fazulas por un espazo ou diastema. A fórmula dental dos dipódidos é 1.0.0-1.31.0.0-1.3.
Os xerbos e sicistas fan os seus niños en buratos escavados, que, no caso dos xerbos, poden ser complexos, con cámaras laterais para o almacenamento de comida. Ao contrario, os zapodinos poden utilizar buratos feitos por outras especies, pero non os escavan eles, e xeralmente fan os seus niños entre vexetación espesa. A maioría das especies hibernan polo menos durante a metade do ano, sobrevivindo das súas graxas, que acumulan nas semanas previas á hibernación.[3] Os dipódidos paren camadas de entre dous e sete crías despois dun período de xestación de entre 17 e 42 días. Reprodúcense unha ou dúas veces ao ano, dependeno da especie.
Remove ads
Clasificación
Familia Dipodidae
- Subfamilia Sicistinae, sicistas
- Xénero Sicista
- Sicista armenica
- Sicista betulina
- Sicista caucasica
- Sicista caudata
- Sicista concolor
- Sicista kazbegica
- Sicista kluchorica
- Sicista napaea
- Sicista pseudonapaea
- Sicista severtzovi
- Sicista strandi
- Sicista subtilis
- Sicista tianshanica
- Xénero Sicista
- Subfamilia Zapodinae, ratos saltadores
Napaeozapus insignis, Zapodinae - Xénero Eozapus
- Eozapus setchuanus
- Xénero Napaeozapus
- Napaeozapus insignis
- Xénero Zapus
- Zapus hudsonius
- Zapus princeps
- Zapus trinotatus
- Xénero Eozapus
- Subfamilia Allactaginae
- Xénero Allactaga
- Subxénero Allactaga
- Allactaga elater
- Allactaga firouzi
- Allactaga hotsoni
- Allactaga major
- Allactaga severtzovi
- Allactaga vinogradovi
- Subxénero Orientallactaga
- Allactaga balikunica
- Allactaga bullata
- Allactaga sibirica
- Subxénero Paralactaga
- Allactaga euphratica
- Allactaga williamsi
- Subxénero Scarturus
- Allactaga tetradactyla
- incertae sedis
- Allactaga toussi
- Subxénero Allactaga
- Xénero Allactodipus
- Allactodipus bobrinskii
- Xénero Pygeretmus
- Pygeretmus platyurus
- Pygeretmus pumilio
- Pygeretmus shitkovi
- Xénero Allactaga
- Subfamilia Cardiocraniinae
Xerbo de orellas grandes (Euchoreutes naso) dos desertos de Mongolia e a China. - Xénero Cardiocranius
- Cardiocranius paradoxus
- Xénero Salpingotulus
- Salpingotulus michaelis
- Xénero Salpingotus
- Subxénero Anguistodontus
- Salpingotus crassicauda
- Subxénero Prosalpingotus
- Salpingotus heptneri
- Salpingotus pallidus
- Salpingotus thomasi
- Subxénero Salpingotus
- Salpingotus kozlovi
- Subxénero Anguistodontus
- Xénero Cardiocranius
- Subfamilia Dipodinae
- Tribo Dipodini
- Xénero Dipus
- Dipus sagitta
- Xénero Eremodipus
- Eremodipus lichtensteini
- Xénero Jaculus
- Jaculus blanfordi
- Jaculus jaculus
- Jaculus orientalis
- Xénero Stylodipus, xerbos de tres dedos
- Stylodipus andrewsi
- Stylodipus sungorus
- Stylodipus telum
- Xénero Dipus
- Tribo Paradipodini
- Xénero Paradipus
- Paradipus ctenodactylus
- Xénero Paradipus
- Tribo Dipodini
- Subfamilia Euchoreutinae
- Xénero Euchoreutes, xerbos de orellas longas
- Euchoreutes naso
- Xénero Euchoreutes, xerbos de orellas longas
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads