Ditirambo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O ditirambo (gr. διθύραμϐος dithýrambos) é unha composición lírica grega dedicada ao deus Dioniso, que orixinariamente formaba parte dos seus rituais, interpretada polo coro.

A orixe da palabra é descoñecido, e probabelmente a raíz sexa grega (δις dis = dúas, θύρα thýra = porta, έμβαίνω embáino = entrar, meterse, descender, ou sexa "descender de dúas portas"), e o deus Dioniso era chamado "o fillo da porta dobre" ou "as dúas veces nado".[1]

O seu desenvolvemento como xénero literario foi obra do poeta Arión, en Corinto, durante o último cuarto do século -VII. Laso de Hermíone, poeta lírico arcaico grego, levouno a Atenas, e no -509 converteuse nun elemento de competición nos festivais dedicados a Dioniso.

Simónides, Píndaro e Baquílides escribiron ditirambos. Dos dous primeiros só se conservan fragmentos; en cambio, de Baquílides queda bastante. O coro ditirámbico non leva máscara e cantaban en círculo na orchestra. A narración xoga un papel importante nestes poemas, pero o tema non ten por que estar relacionado con Dioniso. Despois de Baquílides o compoñente musical do ditirambo parece que incrementou a súa importancia á conta da letra, pero como a música non sobreviviu non podemos discernir o que ocorreu. Antes desta época o ditirambo compúxose de forma regular en estrofas e antístrofas, pero a partir de entón abandonouse esta correspondencia en favor dun estilo de composición máis libre, con sós cantados. A linguaxe fíxose rebuscada e artificial. Tespis, director dun coro do século -VI, creou o drama ao distinguir dúas seccións no coro dun ditirambo: o papel do personaxe principal, e o do resto do coro.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads