Dreamkeeper

telefilme de 2003 dirixido por Steve Barron From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Dreamkeeper é un telefilme dirixido por Steve Barron e escrito por John Fusco que se estreou no 2003. O argumento do filme trata do conflito entre un ancián e contacontos lakota chamado Pete Chasing Horse (August Schellenberg) e o seu neto, Shane Chasing Horse (Eddie Spears). Ámbolos dous viaxan dende a Reserva india de Pine Ridge en Dacota do Sur ata o "Gathering of Nations", un pow wow de Albuquerque, Novo México. Durante o camiño, o avó cóntalle ó neto varias historias e lendas indias para axudalo a entenderse a si mesmo e escoller o "bo camiño vermello", é dicir, aceptar a súa identidade india.

Datos rápidos Autoría, Temática ...
Remove ads

Sinopse

O protagonista principal, un mozo indio rebelde, cunha visión moi pesimista da vida, vai cambiando a súa actitude con cada conto narrado polo seu vello avó nunha viaxe case obrigada cara ao Pow wow. No camiño, o rapaz coñecerá varias historias das nacións lakota, cheyenne, chinoock e kiowa entre outras, cheas de espíritos da natureza, animais que falan, maxia, serpes monstruosas, pantasmas e amizade.

Remove ads

Personaxes

  • August Schellenberg como Avó Pete Chasing Horse
  • Eddie Spears como Shane Chasing Horse
  • Gil Birmingham como Sam Chasing Horse
  • Sheila Tousey como Janine
  • Nathan Lee Chasing His Horse como Verdel
  • Chaske Spencer como Eagle Boy
  • Gloria Eshkibok como Ugly Woman
  • Kimberly Norris Guerrero como Beautiful Woman
  • Sean Wei Mah como High Horse
  • Gordon Tootoosis como Kills Enemy
  • Michael Greyeyes como Thunder Spirit
  • Alex Rice como She-Crosses-The Water
  • Elizabeth Sage Galesi como Blue Bird Woman / Mae Little Wounded
  • Casey Camp-Horinek como Sky Woman
  • Griffin Powell-Arcand como Thunder Boy
  • Margo Kane como Clan Mother
  • Scott Grimes como Red-Headed Stranger / Tehan
  • Delanna Studi como Talks A Lot
  • Nathaniel Arcand como Broken Lance
  • Patric James Bird como Big Bow
  • David McNally como O Coronel
  • Darren Lucas como Segundo soldado
  • Dave Leader como Soldado novo
  • Clifford Crane Bear como Older Kiowa
  • Kyle Daniels como Little Hand
  • John Trudell como Coyote
  • Gary Farmer como Iktome
  • George Aguilar como Grandfather
  • Geraldine Keams como muller de Iktome
  • Dakota House como Dirty Belly
  • Tantoo Cardinal como Old Woman
  • Floyd Red Crow Westerman como Iron Spoon
  • Sheena Shymanski como filla de Iron Spoon
  • Teneil Whiskey Jack como Quillwork Girl
  • Michelle Thrush como Morning Horse
  • Terry Bigcharles como Primeiro irmán
  • Simon R. Baker como Segundo irmán
  • William Daniels como Terceiro irmán
  • Zachary Nolan Auger como Cuarto irmán
  • Sarain Waskawitch como Quinto irmán
  • Cody Lightning como Sexto irmán
  • Russell Badger como War Chief
  • Cliff Soloman como Xefe da vila
  • Misty Upham como filla do xefe
  • Lawrence Bayne como Raven
  • Travis Dugas como Ekuskini
  • Tyrone Tootoosis como Whirlwind Dreamer
  • Sammy Simon como Ghost Hunter
  • Stag Big Sorrel Horse como Hunter
  • Jimmy Herman como Multnomah Elder
  • Wilma Pelly como Old Woman
  • Helmer Twoyoungmen como Salmon Hunter
  • Tokala Clifford como Red Deer
Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads