Duke Erikson
músico estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Douglas Elwin Erikson, nado en Nebrasca o 15 de xaneiro de 1953, é un compositor, produtor e multiinstrmentista estadounidense coñecido por ser fundador e guitarrista da banda de rock alternativo Garbage. Antes de crear Garbage, Erikson foi membro dos grupos Spooner e Fire Town.
Remove ads
Traxectoria
Aos 16 anos formou a súa primeira banda, The British. Erikson estudou historia da arte, e pagou os seus estudos facendo numerosos traballos, como carpinteiro ou condutor de camións.
En 1979, a banda de Erikson, Spooner, na cal era o cantante e principal compositor, editou un EP con catro cancións que a converteu nunha das bandas máis populares da rexión. Dous álbums seguiron a ese EP, Every Corner Dance e Wildest Dreams, distribuído por todo o país. En 1987 Duke e Butch Vig, con Phil Davis como cantante, crearon a banda Firetown. Firetown publicou dous álbums e seis sinxelos nun moi curto período de tempo, á parte dun vídeo para o sinxelo "Carry The Torch", pero separáronse en 1989.
Nese momento, o sinxelo de Spooner "Mean Old World" chegou ao número un en Madison, de onde proviña, o cal axudou a que a banda se unise outra vez. Un novo traballo, Fugitive Dance, apareceu seguido dunha xira, antes de que a banda se separase en 1993. Nese tempo Butch Vig xa se fixera un nome como produtor musical.
En 1994, Duke Erikson formou Garbage xunto a Shirley Manson, Butch Vig e Steve Marker.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads