Dundee

From Wikipedia, the free encyclopedia

Dundeemap
Remove ads

O burgo real de Dundee (en gaélico: Dùn Dèagh, en escocés Dundee) é a cuarta cidade por número de habitantes de Escocia, cun censo de poboación de aproximadamente 190.000 habitantes e é igualmente unha das 32 subdivisións escocesas. A cidade sitúase na costa leste, na parte norte da baía do río Tay, preto da súa desembocadura no mar do Norte.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Remove ads

Historia

A cidade edificouse ao redor dun outeiro basático, chamado hoxe en día Dundee Law, de 174 m de altura. Durante a idade de ferro o lugar sobre o que actualmente asentase Dundee estivo ocupado por un asentamento picto. No seu History of the Scottish People (Historia do Pobo de Escocia), de 1527, Hector Boece suxeriu que o nome picto do lugar foi Alec-tum, que significa un lugar fermoso, nome que ata 1607, segundo William Camdem, foi utilizado xunto ao actual para referirse á cidade.

Desde 1975, a cidade é o centro administrativo da rexión de Tayside, e foi en si mesma administrada como un dos distritos da devandita rexión. Desde a abolición do sistema administrativo de dous niveis en Escocia no 1996, a cidade de Dundee, incorporando o burgo de Ferry, pasou a ser unha autoridade autónoma, converténdoa nunha das subdivisións gobernamentais locais máis pequenas de Escocia en termos de superficie.

Dundee celebrou o seu octoxésimo aniversario no 1991, e é coñecida como a Cidade do Discovery en honor ao RRS Discovery, a famosa nave de exploración antártica de Robert Falcon Scott, que foi construída na cidade.

O 5 de marzo de 2004, Dundee foi recoñecida como a Cidade do Comercio Xusto, o que significa o recoñecemento á cidade como promotora deste tipo de comercio.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads