E

letra do alfabeto galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O E é a quinta letra do alfabeto galego, e representa os fonemas /e/ (vogal anterior media pechada) e /ɛ/ (vogal anterior media aberta).

Máis información Alfabeto ...

Historia

Pénsase que a letra das linguas semíticas representaba inicialmente unha oración ou figura humana chamada (hillul festejar), probablemente baseada nun xeroglífico exipcio similar que era pronunciado e utilizado en forma distinta. En semítico, a letra representaba /h/, e /e/ en palabras estranxeiras.

A letra fenicia , representaba máis ou menos o son /h/. Cando os gregos adoptaron o alfabeto fenicio, encontraron dificultades para pronunciar a primeira parte do carácter, e abandonárano conservando soamente o e, dándolle o nome de epsilon (ε). Co tempo simplificaron o seu deseño, virando os trazos horizontais para o lado dereito. Usouse co mesmo valor no alfabeto etrusco e no alfabeto latino.

O seu uso na lingua inglesa inclúe varios sons; así, como consecuencia do Great Vowel Shift representa /iː/ (a partir de /eː/ como en "me" ou "bee"), mentres que noutras palabras como "bed", a pronunciación é similar ao latín e outras linguas similares.

Máis información Xeroglífico exipcio (veneración), Proto-semítico H ...
Remove ads

Uso

En galego úsase a letra e (/e/) como conxunción copulativa, proveniente do latín et. Amais, úsase a letra é (/ɛ/, con acento diacrítico) para a terceira persoa de singular do presente de indicativo do verbo ser.

É a letra máis frecuente na lingua galega, así como en castelán[1][2], checo[3], danés[3], neerlandés[3], inglés[4], francés[5], alemán,[6], húngaro[3] latín,[3], noruegués[3] e sueco.[3].

Remove ads

Representacións alternativas

No alfabeto fonético aeronáutico asígnaselle a palabra Eco. No código Morse é · . Na notación musical anglosaxoa representa a nota o acorde de mi.

Códigos

En Unicode a letra e ten o código U+0065, e E é U+0045. O código ASCII para e é 101, e para E é 69. En sistema binario úsase 01000101 para e e 01100101 para E. O código EBCDIC para e é 133, e para E é 197.

Véxase tamén

Outros artigos

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads