European Molecular Biology Laboratory
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O European Molecular Biology Laboratory (EMBL, Laboratorio Europeo de Bioloxía Molecular) é un instituto de investigación de bioloxía molecular do que son membros 21 estados,[1] xunto con tres candidatos e dous estados membros asociados. España forma parte del desde 1986. O EMBL é unha organización intergobernamental creada en 1974 financiada con diñeiro público dos seus estados membros destinado á investigación. A investigación no EMBL realízana aproximadamente 85 grupos independentes que abranguen todos os campos da bioloxía molecular. O laboratorio funciona desde cinco sedes: o principal laboratorio está en Heidelberg, e as subsedes están en Hinxton (o European Bioinformatics Institute, EBI), en Inglaterra), Grenoble (Francia), Hamburgo (Alemaña), e Monterotondo (preto de Roma, Italia). Os grupos e laboratorios de EMBL realizan investigación básica en bioloxía molecular e medicina molecular e adestran a científicos, estudantes e visitantes. A organización axuda ao desenvolvemento de servizos, novos instrumentos e métodos, e tecnoloxía nos seus estados membros.
Remove ads
Investigacións

Todos as sedes de EMBL teñen un campo de investigación específico. O EMBL-EBI é un centro para a investigación bioinformática e servizos, que desenvolve e mantén un grn número de bases de datos científicas, que son gratuítas. En Grenoble e Hamburgo, a investigación céntrase na bioloxía estrutural. A Unidade de Bioloxía do Rato de EMBL está localizada en Monterotondo, Italia. Na sede central de Heidelberg, hai unidades de bioloxía celular e biofísica, bioloxía do desenvolvemento, xenómica e bioloxía computacional e estrutural, xunto con grupos de servizo que complementan os mencionados campos de investigación.
No EMBL fixéronse moitos avances científicos importantes, principalmente a primeira análise xenética sistemática do desenvolvemento embrional da mosca do vinagre feita por Christiane Nüsslein-Volhard e Eric Wieschaus,[2] polo cal foron galardoados co Premio Nobel de Medicina de 1995.
Remove ads
Países membros
Velaquí unha lista dos países membros do EMBL ordenados alfabeticamente:
Remove ads
Adestramento

O adestramento avanzado é unha das catro misións principais do EMBL. Ao longo dos anos o Laboratorio estableceu varias actividades de adestramento, das cales o EMBL International PhD Programme (EIPP) é a estrela: ten uns 200 estudantes e desde 1997 ten o dereito de conceder unha titulación propia. Outras actividades son o programa de posdoutorado, que inclúe o EMBL Interdisciplinary Postdoctoral Programme (EIPOD); o European Learning Laboratory for the Life Sciences (ELLS) para adestramento de profesores; e o Visitor Programme.[3]
Centro de Adestramento Avanzado de EMBL
En marzo de 2010, inaugurouse o EMBL Advanced Training Centre (ATC) no campus principal de Heidelberg. O seu edificio, inspirado na forma da dobre hélice,[4] alberga conferencias e proporciona locais para o adestramento.[5]
Ciencia e sociedade
O EMBL tamén leva a cabo un activo Programa de Ciencia e Sociedade, que ofrece actividades e eventos sobre cuestións sobre investigacións nas ciencias da vida para o público xeral e para a comunidade científica.[6]
Historia
O EMBL foi ideado por Leó Szilárd,[7] James Watson e John Kendrew.[8] Os seus obxectivos eran crear un centro de investigación internacional, similar ao CERN, para poder rivalizar no campo fortemente dominado polos Estados Unidos da bioloxía molecular.[9] Kendrew exerceu como primeiro Director xeral do EMBL ata 1982, e sucedeuno Lennart Philipson.[10][11][12] Desde 1993 a 2005 o Director xeral foi Fotis Kafatos,[13][14] e a este sucedeuno Iain Mattaj, que é o cuarto e actual (ano 2015) Director xeral do EMBL.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

