Edda

From Wikipedia, the free encyclopedia

Edda
Remove ads

As Eddas son coleccións de historias relacionadas coa mitoloxía nórdica. Con ese nome coñécense dúas recompilacións literarias islandesas medievais que xuntas forman o corpus máis importante para coñece-la mitoloxía nórdica.

Thumb
Eddas

Estas son partes fragmentarias dunha antiga tradición escáldica de narración oral (actualmente perdida) que foi recompilada e escrita por eruditos que preservaron unha parte destas historias.

As escolmas son dúas: A Edda prosaica (coñecida tamén como Edda menor ou Edda de Snorri) e a Edda poética (tamén chamada Edda Maior ou Edda de Saemund).

Na Edda poética recompiláronse poemas moi antigos, de carácter mitolóxico e heroico, realizada por un autor anónimo cara ao ano 1250.

A Edda de Snórri foi composta por Snorri Sturluson (1179-1241) contra os anos 1220 ou 1225. Esta Edda non está formada por poemas, xa que está escrita en prosa. Con esta Edda o poeta e guerreiro islandés Snorri tentaba axudar á formación de poetas no estilo tradicional escáldico, unha forma de poesía que data do século IX, moi popular en Islandia.

Existe un número de teorías referentes á orixe do termo Edda. Unha teoría sostén que é idéntica á palabra que parece significar "a grande avoa" (véxase Ríg). Outra teoría argumenta que Edda significa "poética". Unha terceira teoría estipula que significa "O libro de Oddi", onde Oddi é o lugar onde Snorri Sturluson foi educado.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads