Efrén o Sirio
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Efrén o Sirio nado no 306 en Nisibis (actual Turquía) e finado o 9 de xuño do 373 en Edesa, foi un poeta relixioso en idioma siríaco. É venerado polas diferentes Igrexas cristiáns de tradición apostólica.

Remove ads
Traxectoria
Bautizado aos dezaoito anos, comezou sendo o xefe dunha comunidade cristiá na súa cidade natal, onde foi un conselleiro espiritual moi solicitado. Tras a invasión de Nisibis polos persas, instalouse en Edesa onde tamén foi considerado un mestre. Emprendeu unha viaxe para coñecer a Basilio o Grande.
Realizou moitos comentarios á Biblia e compuxo gran cantidade de himnos aínda vivos na liturxia da Igrexa Siríaca.
Durante a fame do ano 370, Efrén emprendeu accións de axuda aos esfameados e de atención aos doentes. Exhortou aos patricios a seren solidarios cos plebeos. Viviu coma un asceta nunha cova con dieta vexetariana e esfarrapado.
Remove ads
Significación
É unha das referencias doutrinais e místicas das Igrexas cristiáns orientais, especialmente as que conservan a liturxia en arameo ou siríaco. Foi coñecido como Arpa do Espírito Santo. En Occidente, a Igrexa Católica tamén o venera como santo. En 1920, Bieito XV proclamouno doutor da Igrexa.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads