El Clot
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
El Clot é un dos barrios que forman o distrito barcelonés de Sant Martí. É un dos núcleos máis antigos do distrito dado que xa existía na época medieval co nome de Clotum Melis. O nome actual deriva da palabra Cros, que significa "fondo" e que fai referencia a terras de cultivo situadas en fondais.
Esta zona era unha das que provía Barcelona de víveres grazas ás súas hortas e muíños arredor do Rec Comtal (rego condal) e algunhas das construcións de carácter rural, masías e torres señoriais aínda se manteñen como a Torre do Fang. No século XIX instaláronse no barrio fariñeiras e industrias téxtiles, entre outras. Isto provocou que a finais de século fora un gran asentamento industrial e obreiro.
Actualmente o Clot aínda é un barrio obreiro, a pesar de que está rodeado pola zona sur de grandes edificios como a Torre Agbar e centros comerciais como o de Glòries, creando un contraste arquitectónico visible. Está situado relativamente preto do centro da cidade e moi ben comunicado por transporte público, xa que ten entre outros servizos unha gran estación de Metro e Renfe.
Remove ads
Galería de imaxes
- Edificio da rúa Clot.
- Detalle de pintura na fachada.
- Casa particular da rúa Clot.
- Casas da rúa Clot.
- Casa construída en 1911 na rúa Clot.
- Casas baixas da rúa.
- Fariñeira do Clot
Véxase tamén
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads