El Ideal Gallego
xornal da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
xornal da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
El Ideal Gallego, subtitulado Diario católico, regionalista e independiente, é un xornal en lingua castelá que se edita na Coruña desde 1917.
El Ideal Gallego Diario gallego | |
---|---|
Sede do xornal en Pocomaco. | |
Tipo | información xeral |
Cor | cor e branco e negro |
Fundación | 1 de abril de 1917 (107 anos) |
Propietario | Editorial La Capital S.L. |
Director | Manuel Ferreiro Regueiro |
Fundador | José Toubes Pego |
Redacción | Miguel Pampín |
Lingua | castelán |
Localidade | A Coruña |
Ámbito | metropolitano |
Periodicidade | diaria |
ISSN | 1576-6322 |
Na rede | |
https://www.elidealgallego.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Fundado por José Toubes Pego, un sacerdote de Cuntis, co apoio do arcebispo de Santiago, apareceu o 1 de abril de 1917. O seu primeiro director foi Alfredo García Ramos, que permaneceu no posto ata finais de 1919 en que foi substituído por Jacobo Varela de Limia. A este sucedérono Alberto Paredes Bravo (finado en 1925) e outros ata que en 1931 o xornal pasou a ser xestionado pola Editorial Católica. Dende 1931 ata 1935 o director do xornal foi José Martínez Pereiro[1]. A este sucedeuno Santiago Lozano García en decembro de 1935.
Publicou unha "Hoja literaria" na década dos vinte. Nos anos 60 incluíuse no suplemento dominical unha folla cultural: "Arco da Vella" en galego, da que se responsabilizaba a Agrupación Cultural O Facho. Entre 1984 e 1990 o xornal editou o suplemento bilingüe "Cataventos". En 1992 o xornal pasou a editar no exemplar dominical o suplemento "Cultural 92".
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.