El Progreso (1865)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
El Progreso foi un semanario editado en Pontevedra entre 1865 e 1866.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Progreso.
Remove ads
Traxectoria
Subtitulado Periódico científico y literario, apareceu o 10 de agosto de 1865. Fundado e dirixido por Gerardo Rodríguez del Corral. Entre os seus redactores figuraron Celso García de la Riega, Ramón Peinador, Ignacio Rodríguez Prieto e Claudio Figueras. Benito Vicetto foi un dos seus colaboradores. De tendencia liberal avanzada, ocupouse da literatura, ciencia, intereses materiais, morais e sociais. En xaneiro de 1866 sufriu unha suspensión dun mes. Cesou a súa edición o 16 de outubro de 1866.
Tivo unha segunda época en 1867. Aumentou o seu tamaño e cambiou o subtítulo por Periódico semanal de intereses materiales, ciencias, artes y literatura.
Remove ads
Véxase tamén
Bibliografía
- "Progreso, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
Outros artigos
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
