El otro barrio

filme de 2000 dirixido por Salvador García Ruiz From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

El otro barrio é un filme español dirixido por Salvador García Ruiz.

Datos rápidos Autoría, Temática ...
Remove ads

Sinopse

Ramón Fortuna, orfo de pai, é un mozo de ten quince anos, que vive con súa nai e con súa irmá nun humilde piso no barrio madrileño de Vallecas. Unha tarde na que está só na casa invita ao seu amigo Valentín, que trae con el á súa noiva, Jessi, e dispóñense a ver unha película. Cando Ramón intenta abrir unha lata de conservas, sen querer, co gume da tapa da lata, ségalle o pescozo ao seu amigo que nese intre se atopaba ao seu carón, ficando sen sentido no chan. A noiva ponse histérica e acábase tirando polo balcón escapando do Ramón. Ademais, ao intentar irse do lugar é parado por un veciño que acaba matando dun golpe.

Logo intérnano nun centro canda outros rapaces con problemas, onde se fai amigo dun compañeiro chamado Anibal (Alberto Ferreiro). O seu avogado é un antigo amigo da familia, Marcelo, quen se fai cargo do caso só por axudar, aínda que, para o avogado, retornar ao barrio onde se criou significa enfrontarse cun pasado que non lle gusta recordar, un amor perdido no tempo e o descubrimento dun segredo que debe saír a luz. Marcelo acababa de mudarse dende Barcelona coa súa dona e un fillo dun ano.

Ramón finalmente é declarado inocente.

Remove ads

Elenco

  • Álex Casanovas ... Marcelo
  • Jorge Alcázar ... Ramón
  • Alberto Ferreiro ... Aníbal
  • Pepa Pedroche ... Gloria
  • Empar Ferrer ... Nai
  • Mónica López ... Sara
  • Guillermo Toledo ... Vicente
  • Joaquín Climent ... Pai
  • Ana Lucía Billate
  • Rocío Calvo
  • Cristina Camisón
  • Dafne Fernández
  • Ana Frau

Comentarios

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads