Emilio Estefan

músico estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Emilio Estefan
Remove ads

Emilio Estefan, nado en Santiago de Cuba o 4 de marzo de 1953, é un músico e produtor cubano de ascendencia libanesa, galega e siria radicado nos Estados Unidos, gañador de 19 premios Grammy e cofundador do grupo musical Miami Sound Machine xunto á súa esposa, Gloria Estefan.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Logo de deixar a súa Cuba natal co seu pai e recalar certo tempo en España, en 1968 mudáronse a Miami, nos Estados Unidos, onde ó comezo tivo que compartir un apartamento con quince membros da súa familia. Gañaba a vida facendo encargos ós seus veciños empregando un coche usado. Estefan logo comezou a traballar en concursos de beleza locais e en Bacardí, onde foi contratado para o departamento de correspondencia para despois promovelo ó departamento de mercadotecnia para Latinoamérica.

Con todo, as verdadeiras paixóns de Estefan sempre estiveron relacionadas coa música. Formou un grupo denominado "Miami Latin Boys". O grupo tivo éxito e empezou a recibir contratos para tocar en diversos eventos privados e en festas na zona de Miami. Nun dos eventos, Emilio coñeceu a Gloria Estefan, nese entón Gloria Fajardo, a quen ofreceu integrarse no grupo, renombrado como "Miami Sound Machine". O ingreso definitivo de Gloria na banda, na cal Emilio tocaba o acordeón, tivo lugar en 1977.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Outros artigos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads