Empresa Brasil de Comunicação

From Wikipedia, the free encyclopedia

Empresa Brasil de Comunicação
Remove ads

A Empresa Brasil de Comunicação (EBC) é unha empresa pública federal do Brasil con sede en Brasilia creada o 25 de outubro de 2007 que ten como finalidade a finalidade a prestación dos servizos de radiodifusión pública e outros servizos relacionados.

Datos rápidos Instancia de, Forma xurídica ...
Remove ads

Orixe

Xurdiu da unión da empresa pública de comunicacións Empresa Brasileira de Comunicação - Radiobrás coa Associação de Comunicação Educativa Roquette Pinto. Aínda que vencellada á Secretaría de Comunicación Social da Presidencia da República ten autonomía para definir a produción, programación e distribución de contidos no sistema público de radiodifusión.

Cadeas

Televisión

  • TV Brasil
  • NBR, canle parlamentaria
  • TV Brasil Internacional, canle internacional en portugués inaugurada o 24 de maio de 2010, polo de agora só transmite para África por compañías de cable.
  • TV Brasil - Canal Integración, canle internacional que emite para a América de lingua española

Radio

  • Rádio Nacional
    • Rádio Nacional Rio de Janeiro
    • Rádio Nacional Brasília
    • Rádio Nacional FM Brasília
    • Rádio Nacional da Amazônia
    • Rádio Nacional do Alto Solimões
  • Rádio MEC, emisora educativa

Axencia de Noticias

  • Agência Brasil
  • Radioagência Nacional
Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads