Endoproctos
filo do reino animal From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os endoproctos (Entoprocta, do grego ἔντóς entós, "dentro", "no interior", e πρωκτός prōktós, "ano"), ás veces escrito entoproctos, respectando a ortografía latina, non a pronuncia,[1] tamén chamados kamptozoos (Kamptozoa, do grego κάμτω kámtō, "alombar", "dobrar", e ζωον zōon, "animal") son un filo de animais bilaterais protóstomos, acuáticos, que miden de 0,5 a 5 mm de lonxitude e provsitos dun lofóforo, que se poden distingiuir doutros lofoforados similares, como os briozoos ou ectoproctos pola posición do ano, que queda incluído na coroa de tentáculos.
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Son animais sésiles, a maioría deles mariños, aínda que existe algún xénero de auga doce (como Urnatella). Apareceron no xurásico, e se describiron unhas 170 especies.[2]
A miúdo viven en colonias, nas que os individuos, en lugar de fixarse ao substrato por un pé, únense mediante unha especie de estolón (que pode, ao igual que o pedúnculo, producir novos individuos) a outros animais fixos ( como briozoos) ou móbiles (como sipúnculos ou anélidos).[3]
Remove ads
Morfoloxía
O corpo destes animais lembra a forma dun cáliz semiesférico co seu pedúnculo delimitado por unha coroa de tentáculos ciliados que contén no seu interior catro aberturas: a boca, o nefridioporo, o gonóporo e o ano. O pedúnculo fixa o animal ao resto da colonia e del saen outros pés para formaren os estolóns que unen uns individuos con outros.
Ao seren animais pseudocelomados carecen de aparato circulatorio, e tampouco teñen aparato respiratorio. O aparato excretor está formado por túbulos protonefridiais que se unen antes de acadar o nefridioporo.
Remove ads
Aparato dixestivo e alimentación
Os endoproctos son animais filtradores, de alimentación ciliar. A rexión glandular do estómago segrega enzimas e moco que van captando partículas (diatomeas, protozoos, detritos etc.) que chegan á boca grazas aos cilios dos tentáculos que a rodean.
O tubo dixestivo está curvado en forma de "U" e ocupa case todo o cáliz. Está tapizado de cilios que provocan correntes que moven os alimentos que acaban por entrar pola boca e que son engulidos por contraccións do esófago. A dixestión é de tipo extracelular, e a absorción ten lugar no estómago e no intestino. A continuación do intestino está o recto, separado por un esfínter, e despois hai outro na zona do ano. O animal mantén alí retido o alimento ata que se atopa saciado, polo que se pensa que na rexión rectal tamén se produce algo de absorción.
Remove ads
Aparato reprodutor e reprodución
As colonias crecen asexualmente a partir de xemas. Reprodúcense tamén sexualmente, sendo hermafroditas). Liberan os espermatozoides á auga, que son captados por outro individuo, de modo que a fecundación é cruzada e interna. Na maior parte dos casos, os embrións son incubados na cavidade atrial, situada no centro do cáliz. Do ovo xorde unha larva que semella a trocófora dos anélidos e que, na maioría das especies, ten unha vida libre de só unhas horas. As larvas teñen fototropismo negativo, de modo que buscan lugares escuros para fixarse e transformarse en adulto.
Hábitat e distribución
Os endoproctos viven no litoral mariño, onde se instalan con frecuencia sobre outros organismos mariños como algas, fanerógamas ou algúns invertebrados bentónicos.
Coñécense máis de 150 especies, amplamente distribuídas e probabelmente aparecerán moitas máis no futuro.
Clasificación
Taxonomía
Familia Barentsiidae
- Xénero Barentsia
- Xénero Pedicellinopsis
- Xénero Pseudopedicellina
- Xénero Coriella
- Xénero Urnatella
Familia Loxokalypodidae
- Xénero Loxokalypus
Familia Loxosomatidae
- Xénero Loxosoma
- Xénero Loxosomella
- Xénero Loxomitra
- Xénero Loxosomespilon
- Xénero Loxocore
Familia Pedicellinidae
- Xénero Pedicellina
- Xénero Myosoma
- Xénero Chitaspis
- Xénero Loxosomatoides
Filoxenia e sistemática
O endoproctos son un grupo difícil de clasificar, xa que por un lado posúen características primitivas, como o pseudocele, e por outro características modernas como, por exemplo, a larva trocófora, que semella á dos modernos anélidos. O problema está en si son animais que dexeneraron a partir de antepasados máis complexos ou, pola contra, descendentes máis evolucionados de antepasados máis simples[4]. Así temos diversas opinións no mundo científico, como son as seguintes:
O parentesco dos endoproctos cos briozoos, tamén chamados ectoproctos, para contrapoñelos a eles, e a súa pertenza aos lofoforados son cuestións polémicas entre os zoólogos, aínda non resoltas. Algúns dan máis importancia ás semellanzas entre ambos os grupos e forman o filo Bryozoa (Entoprocta + Ectoprocta). Baixo este punto de vista, os endoproctos son auténticos lofoforados e tiveron polo tanto celoma.
Segundo outros autores, son só aparentemente similares aos ectoproctos, xa que o seu sistema de filtración é xustamente oposto (de abaixo a arriba), non posúen cavidade celomática entre a parede do corpo e o intestino, senón unha masa xelatinosa de mesoglea e a segmentación é espiral (radial nos briozoos). Segundo esta perspectiva, endoproctos e ectoproctos non están directamente emparentados e as súas semellanzas son debidas á converxencia evolutiva. Este é o punto de vista máis aceptado na actualidade. Segundo Hickman et al. os endoproctos pertencen aos Lophotrochozoa.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads