Enterrádeme o corazón en Wounded Knee

Filme de 2007 dirixido por Yves Simoneau From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Enterrádeme o corazón en Wounded Knee (en inglés: Bury My Heart at Wounded Knee) é un filme para televisión dirixido por Yves Simoneau que se estreou en 2007. Trátase dunha adaptación da novela homónima de Dee Brown, que á súa vez está baseada nos feitos reais que orixinaron o Masacre de Wounded Knee.

Datos rápidos Autoría, Temática ...

Estreouse en galego na TVG o 17 de xaneiro de 2012.[1]

Remove ads

Sinopse

A historia comeza coa vitoria dos síux sobre o Xeneral Custer en Little Big Horn e desenvólvese dende a perspectiva de tres personaxes: Charles Eastman (Adam Beach), un xove médico educado polos brancos que é o exemplo vivente da integración; Touro Sentado (August Schellenberg), o xefe lakota que non se deixa someter pola autoridade dos policías do goberno de Estados Unidos que intentan quitarlles a súa propia identidade, a súa dignidade e as súas terras sagradas; e o senador Henry Dawes (Aidan Quinn), quen é un dos creadores da política relativa ós indios. Namentres Eastman e a profesora Elaine Goodale (Anna Paquin) traballan para mellorar a vida dos indios da reserva, o senador Dawes tenta convencer ó presidente Grant (Fred Thompson) para que lles dea un trato máis humano, fronte á proposta bélica do Xeneral William Tecumseh Sherman (Colm Feore). A esperanza reside para os indios na persoa do profeta Wovoka (Wes Studi) e a Danza dos espíritos, un movemento que promete a fin dos seus sufrimentos a causa do home branco. Esta esperanza é esmagada tralo asasinato de Touro Sentado e o masacre de centos de homes, mulleres e nenos indios polo sétimo de cabalería en Wounded Knee o 29 de decembro de 1890.

Remove ads

Personaxes

Remove ads

Galardóns e nomeamentos

  • 2007: 2 nomeamentos ó Globo de Ouro, incluíndo mellor miniserie ou filme para TV.
  • 2007: Emmy: Mellor telefilme. 17 nomeamentos.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads