Epsilonproteobacterias
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
As epsilonproteobacterias ou Epsilonproteobacteria (tamén escrito epsilon-proteobacterias e modernamente clasificadas co nome sinónimo Campylobacterota) é un grupo de bacterias gramnegativas que se consideran unha clase dentro do filo das Proteobacteria.[1]
As Epsilonproteobacteria comprenden poucos xéneros, principalmente os xéneros curvos ou espiriloides Wolinella spp., Helicobacter spp., e Campylobacter spp. A maioría das especies coñecidas habitan no tracto dixestivo de animais e son simbiontes (Wolinella spp. na vaca) ou patóxenos (Helicobacter spp. no estómago, Campylobacter spp. no duodeno).
Ademais foron recollidas numerosas secuencias de Epsilonproteobacteria en mostras procedentes de hábitats de chemineas hidrotermais e de fontes de emanacións frías gasosas. Un membro da clase é un endosimbionte das grandes branquias do caracol mariño Alviniconcha hessleri.[2]
Con frecuencia as epsilonproteobacterias que viven en chemineas hidrotermais abisais mostran características metabólicas quimiolitótrofas, e poden satisfacer as súas necesidades enerxéticas reducindo ou oxidando compostos químicos.[3]
Remove ads
Filoxenia
- Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.
No cladograma móstrase a taxonomía actualmente aceptada do grupo baseada na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [4] e na base de datos taxonómicos do NCBI (National Center for Biotechnology Information) [5] e a filoxenia baseada nos datos do ARNr 16S da LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree.[6]
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas:
♪ Procariotas dos que non hai cultivos puros (axénicos) illados ou dispoñibles, é dicir, non se poden cultivar ou só se manteñen os cultivos por pouco tempo.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads