Escribidor riscado
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O escribidor riscado[2] (Emberiza cia) é unha ave da familia das Emberizidae.
Remove ads
Morfoloxía e Hábitos
É unha especie de 16 cm de lonxitude e peso de 25 gramos. Os machos presentan unha cabeza gris cinza cunha liña ocular negra. O bandullo é cor canela, namentres o resto do corpo é dun ton pardo avermellado. As femias e xoves son máis discretos e co peito manchado con faíscas escuras.
Ave frecuente nas ladeiras soleadas e con predominio de chan pedregoso. Tamén se pode atopar en viñeiras. O seu límite de distribución son os 1500 metros de altitude.
Remove ads
Reprodución

O período de cría vai de maio a xullo, podendo facer unha ou dúas postas no ano. O niño, con forma de cunca, acostuma estar no chan. Cada posta consta entre 3 e 5 ovos, cun tempo de incubación de 12-13 días. Os polos permanecen no niño entre 10 e 13 días trala eclosión.
Distribución
Ave común no sur de Europa, Turquía e Cáucaso. Tamén no norte de África.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads